BULEBULE VIAXA POLA REDE

30/11/10

LIBROS DE MAR... "O PIRATA METEPATA"

O PIRATA METEPATA


Autor: Tono Núñez
Ilustraciones de José Tomás
da Ed. Baía.

Un barco con velas de flanela, temón de algodón, mástil de alabastro e remos de cartón marcha para o mar dos golfiños...

Ven a biblio a lelo.

E animate a cantar con Mamá Cabra a súa canción.

25/11/10

Mar...surf...a nosa ría.

O PEIXIÑO MÁXICO



Queres saber por que é máxico este peixiño?
BULEBULE vaiche contar un fermoso conto e así poderás averigualo.
Cando o descubras vai contalo á BIBLIO e recibirás un agasallo.

24/11/10

25 DE NOVEMBRO "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Mañá, día 25 de novembro é o "Día Internacional contra a vielencia de Xénero"

Pensamos que unha boa maneira de facer prevención e recomendaros a lectura de


A historia de Jeanette Winter "La escuela secreta de Nasreen" publicada pola editorial Juventud.



Fai clic na imaxe para saber máis do conto.

Outro conto para reflexionar é: "La cenicienta que no queria comer perdices"
Para VER E PENSAR

"BUDA EXPLOTÓ POR VERGUENZA"

23/11/10

FERMOSO CONTO QUE NOS FALA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS A SER DISTINTOS

EL CAZO DE LORENZO
Ed. Juventud
A autora Isabelle Carrier recrea o día a día dun neno diferente.
Un fermoso conto para todos os nenos e as nenas que son como son e os queremos así tal son.

21/11/10

OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

A Declaración dos Dereitos do Neno foi aprobada pola ONU en 1959 e dende entón, en todo o mundo, cada 20 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA.





Aquí tendes un video dos dereitos da infancia


Los niños tienen derechos or see more Del Tha Funkee Homos Videos


Entra na páxina web de RAYUELA, nesta web sobre os Dereitos dos Nenos e das Nenas podemos atopar xogos, videos, contos curiosidades, definicións e moitas cousas máis sobre os dereitos da infancia , a solidariedade e os valores humanos.




20/11/10

ALUMN@S DE 6º B PARTICIPARON NO CONCURSO "CIENCIA QUE CONTA 2010"

CIENCIA QUE CONTA é un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia coa finalidade de achegar o traballo científico á sociedade e recoñecer o valioso traballo destes profesionais.
Os relatos presentados debían ser orixinais, inéditos e escritos en lingua galega. Os temas a desenvolver terían como punto de partida:

Historias de ciencia, descubrimentos científicos,…
Traballo no laboratorio
Experiencias, observacións da vida cotiá
Persoeiros científicos




ALUMNOS PARTICIPANTES

Marta Peña Rodríguez co relato “O GPS” GAÑADORA

Clara Muñiz Iglesias co relato “O inventor da bombilla”

Antón Seijas Vieites co relato “Unha axuda de altura”

E...

MARTA PEÑA RODRÍGUEZ OBTIVO O SEGUNDO PREMIO, CO SEGUINTE RELATO:



NORABOA Á GAÑADORA E AOS DEMAIS PARTICIPANTES

9/11/10

SAEN DO COLE AS MOCHILAS VIAXEIRAS


Hai doce mochilas que van "viaxar" ás familias de 1º a 6º curso de Primaria.
Cada familia vai a ter na casa a mochila durante unha semana.
Esperamos, con gran interés as anotacións e suxestións das familias no "diario da mochila"

Contido das mochilas:

  • Información as familias da actividade.
  • Libros de narrativa, de poesía, cómics, revistas, DVD.
  • E diario da mochila.


7/11/10

CELEBRAMOS O MAGOSTO


O vindeiro venres, día 12 de novembro, celebraremos no cole a festa do magosto.
Deixámosvos o programa para ese día e fotos do que están a facer os nenos e nenas do centro para a celebración do magosto.

5/11/10

"POESÍA MONSTRUOSA"

Poesía monstruosa escrita por Jacobo de 4º A

4/11/10

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA


O venres 29 de outubro celebramos O Samaín na Biblioteca.
Alumn@s de 6º fixeron de contacontos para @s nen@s de Ed. Infantil.
Contáronlles o conto de "Fermín e o Samaín", con baile incluído.


Pasárono de medo.




3/11/10

O día 4 de novembro de 2010 celebramos o primeiro día da Ciencia en Galego


A partir deste ano 2010, o 4 de novembro convertese nunha cita puntual coa ciencia en galego, que nos permitirá achegarnos, educativa e socialmente , a aquelas persoas que dedicaron a súa vida ao desenvolvemento e avance da sociedade desde a súa entrega e achegas á evolución do coñecemento científico.
Dedícase este ano ao astrónomo e matemático galego Ramón María Aller Ulloa,ao físico escocés James Clerk Maxwell e mais a Alfonso X O Sabio, un dos maiores poetas galegos de todos os tempos e un dos científicos universais pola súa contribución ao progreso da ciencia europea.


Como proposta lúdica : confección de papaventos.