20/12/13
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
19/12/13
10/12/13
ADEUS MADIBA. PRESO 466/64
Deixounos Nelson Mandela, PREMIO NOBEL DA PAZ e expresidente de Sudáfrica, Madiba como lle chamaban os seus.
Naceu o 18 de xullo de 1918, en Umtata (Sudáfrica), sendo os seus pais Henry Mandela e Nose Keni. Estudou dereito e traballo como avogado en Johannesburgo. Uniuse ao Congreso Nacional Africano (CNA) para combater pacificamente a discriminación racial que sufrían os negros.
En 1943, fundou a Liga Xuvenil e organizou mobilizacións de protesta, que foron reprimidas a sangue e lume. En 1961 fundou Umkhonto we Sizwe ("Lanza da Nación") para a loita armada. En 1962, foi capturado e condenado a cadea perpetua na illa Robben, fronte a Cidade
do Cabo.
do Cabo.
A súa esposa Winnie Mandela e moitos seguidores esixiron a liberdade de Mandela e a abolición da segregación racial (apartheid). Moitos gobernos e personalidades do Mundo apoiárona, ata que en 1990 foi liberado polo presidente Frederik de Klerk. En 1991, derrogouse o apartheid. En 1993, Mandela e de Klerk gañaron o Premio Nobel de la Paz.
De 1994 a 1991, como presidente de Sudáfrica, Mandela tratou de reconciliar os sudafricanos e colaborou no cesamento de varias guerras africanas.
ATA SEMPRE MADIBA!!
ATA SEMPRE MADIBA!!
Deixovos aquí unha pequena presentación, con un montón de datos, de quen é Mandela:
VIDEOS:
Bulebule non quere deixar pasar a ocasión, nesta pequena homenaxe e recoñecemento a unha figura tan importante na historia contemporánea, e recomendarvos unhas lecturas moi interesantes:
É o meu desexo que a vozdo narrador de contos nunca morra en África,
que os nenos nunca perdan a capacidade de
ampliar os seus horizontes do mundo coa maxia dos relatos
Nelson Mandela.
Os regalos do Rei León, Mmadipetsane, A Princesa das Nubes ou Sakunaka, o mozo aposto son só algúns dos títulos dos contos queNelson Mandela recolle nesta magnífica antoloxía.
Con estes contos populares imaxinarémonos paisaxes exóticas, perigosas ou máxicas que percorren África de norte a sur; países como Marrocos, rexións da África Central e Oriental e pobos de Sudáfrica como os Nguni, Namaqualand ou os Xhosa.
En cada conto encontramos unha breve información sobre a súa orixe, a lingua na que se narraba, ou o griot que o relataba.
Chámome Nelson
Mandela e nacín en 1918 en Sudáfrica, o país máis meridional do continente
africano. Vin e fixen moitas cousas durante a miña longa vida, pero todo o
mundo me coñece por pasar máis de vinte e sete anos en prisión por defender a
igualdade entre negros e brancos no meu país. A esta reivindicación déuselle un
nome, a loita contra o apartheid.
8/12/13
"Como escribir un conto", con Manuel Guisande
Os nenos e nenas de 4º de primaria aprendemos e desfrutamos, grazas a unha actividade organizada polo Concello, do obradoiro " COMO ESCRIBIR UN CONTO", con Manuel Guisande,
É xa o segundo ano que nos visita Manuel, pero non deixa de encantarnos a actividade.
Currículum
Aportou á literatura infantil de Galicia, xunto co ilustrador Xosé Tomás, un personaxe entrañable como o paxaro "Rodribico": unha colección de contos editada por "Baía Edicións" no ano 2010 co que obtivo "Premio Literario Isaac Díaz Pardo" que concede a "Asociación Galega de Editores" e que xa foi traducida ao castelán e portugués. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e conta cun curriculum xornalístico que vai desde El Correo Gallego, o semanario El Orzán, El Ideal Gallego e os seus últimos 25 anos en La Voz de Galicia. Paralelamente, comeza no ano 2000 as súas achegas á cultura no apartado de humor, sendo xunto ao caricaturista Siro López coordinador do suplemento de humor "xatentendo.com" polo que recibiu o "Premio La Codorniz de Plata" e o "Premio de Comunicación Xunta de Galicia 2000".
Obras realizadas
É autor de obras de teatro como "Los aparcacientos de Pacópolis", xunto ao xornalismo Ramón Barrena. No ano 2008 abre o seu blog de humor costumista "Al fondo a la derecha", publicado na edición dixital de La Voz de Galicia, que na actualidade é un referente para estudantes de español na Universidade de Kentucky e o Molloy College de Nova York. En 2010 estréase como guionista coa curtametraxe "Garabolis" baixo a dirección do director Alfredo Pardo polo que é nomeado ao "Premio Audiovisual Mestre Mateo" no ano 2011 e chega á final no "Festival Internacional de Cine de Ourense".
Un dos contos da "Colección Rodribrico", concretamente "Rodribrico e a noite" está actualmente nomeado para a final do "Premio Literario Frei Martin Sarmiento”. Na actualidade colabora en "Radio Voz" cun monólogo de humor no programa “Corre Carmela que Chove", á vez que imparte conferencias e obradoiros didácticos sobre xornalismo e medios de comunicación, monólogos, cómo se escribe un conto infantil e realización de guións para teatro, radio e televisión.
3/12/13
DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Hoxe 3 de decembro, commemórase o día mundial das persoas con discapacidade.
En 1992, as Nacións Unidas, proclamaron esta data para difundir a situación que viven as persoas con discapacidade, os actos de discriminación aos que se enfrontan e tamén para fomentar unha maior integración na sociedade dos discapacitados.
Desgraciadamente, hai moito ainda que traballar, como sociedade, no respecto aos dereitos das persoas con discapacidade. Necesitamos educar e educarnos para darlles un trato digno, como seres humanos que son, pero sobre todo traballar na integración, na inclusión, non excluilos da nosa vida e relacións humanas.
E falando de integración, hai un conto que me gusta moitísimo que é:"POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" de Jérôme Ruillier.
Aquí volo deixo en versión video :
Aquí volo deixo en versión video :
E aquí vos déixo tamén esta bonita canción adicada a todos aqueles e quelas que día a día loitan pola integración. Pouco a pouco...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)