28/2/12
27/2/12
ENCONTRO VITAL CON FINA CASALDERREY
Hoxe tivemos o honor de recibir na nosa biblioteca á escritora Fina Casalderrey, que nos engaiolou coas experiencias vividas na súa infancia ou... cecais produto da súa imaxinación, que deron pé a moitas das súas creacións literarias.
Falounos da ledicia que sentiu cando naceu a súa irmá, da súa avoa, da súa nai e de seu pai, que a deixou hai uns anos, e do importante que foi para ela. Da forza das palabras para transmitir sentimentos...
Foi para todos nós, nenos e nenas de segundo e as profesoras, unha sesión inesquecible.
Estas imaxes son unha mostra do vivido.
23/2/12
ROSALÍA DE CASTRO
No calendario do libro e da lectura, aprobado no seo do Consello Asesor do Libro, o próximo 24 de febreiro está contemplado como o DÍA DE ROSALÍA . Para coñecela un pouco mellor o blog Bibliocastelo A Pedra pon á vosa disposición este documento, onde ademáis da súa vida poderedes ler algúns dos seus poemas.
"Fráxil e profunda, sombra e luz, Rosalía de Castro transitou pola vida, con palabras, xa de revelación, xa de misterio, por camiños sempre adversos" FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO.
Grazas por compartir!
Deixámosvos este LIM, moi ben feito...Vaivos encantar...Que esperades para CLICAR?????????? XOGANDO CON ROSALÍA

21/2/12
15/2/12
14/2/12
13/2/12
RECURSOS PARA O ENTROIDO
7/2/12
6/2/12
4/2/12
3/2/12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)