BULEBULE VIAXA POLA REDE

28/4/20

Día mundial da danza

Seguindo coas celebracións mañá 29 de marzo celébrase o Día Mundial da Danza, e Lara ten unha proposta para todos vós:


tarefa/reto desta semana é para todo o alumnado do cole, é moi doada e  consiste en enviar un vídeo bailando ao correo electrónico laraval@ceipidp.net 
Cómo?:

- En familia, sós ou soas, en parella, agarrados, soltos...
- Podedes saír disfrazad@s, tunead@s... imaxinación ao poder!
- O vídeo terá unha duración de 15 segundos.
- Lembrade que o móbil que grave sempre estará en posición horizontal.
- Podedes escoller a música que mais vos preste: clásica, moderna, tradicional...

Ademais para a rapazada de 5º e 6º, déixovos unha tarefa para que me enviedes ao meu correo: FORMULARIO DANZA
  
                                  💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃

Tedes ata o martes da semana próxima para enviar os vosos vídeos. 

Tedes toda a información no Blog de Música, onde tamén hai un montón de exemplos de danzas. 

Animádevos!!



27/4/20

Lendo na fiestra



Moitas grazas a todos por participar. 
Desexamos que vos guste tanto como a nós.

23/4/20

Feliz Día do libro

Propostas para celebrar o Día do libro


Ola familias!!

Nesta entrada imos recopilar diferentes opcións de actividades para poder celebrar este Día do libro.

O profe Xoanca creou esta sopa de letras para buscar que tres grandes figuras morreron este día 23 de abril, e ademáis a cidade que vai ser capital do mundo a partir de hoxe. Esperamos que a disfrutedes.



A mestra Esther tenvos preparado o conto Por cuatro esquinitas de nada, para poder disfrutálo non deixedes de visitar o seu blog, alí tedes máis contos e actividades:




A Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas facilítanos este texto que Manuel Gago creou especialmente para o día de hoxe. Merece a pena lelo con calma.



As editorias tamén se suman a celebración do Día do libro facilitando o encontro con autores, aínda que sexa a distancia!

- O grupo edebé vos invita a participar na presentación  e encontros dixitais con diversos autores.  Na súa canle de instagram. Máis información neste enlace.




- Santillana vos ofrece un encontro con Rosa Huertas, hoxe xoves ás 18:00h  para ler Las Brujasde Roald DahlAquí tedes o enlace, onde tedes máis vídeos dispoñibles doutros escritores.



Recordade que nós temos pendente recibir as vosas fotos lendo dende a ventá!! Estamos recopilándoas todas e proximamente se publicarán!! Gracias por participar. 


Lluvia Rain GIF - Lluvia Rain Lectura - Discover & Share GIFs




DãƒâA Del Libro GIF | Libros, Feliz dia del libro, Feliz día



22/4/20

Quédate na casa!



Este vídeo está feito por todo o equipo do CEIP Isaac Díaz Pardo, para animarnos un pouquiño! Xuntos o conseguiremos! Ánimo e Quédate na casa!


Tamén temos un vídeo feito por unha  familia de infantil, unha auténtica chulada!! Se algunha familia se anima a compartir a súas creacións estaremos encantados de poder mostrárvolas por aquí!


Entre todos é máis fácil!

Trumppapertowels Hola GIF - Trumppapertowels Hola Rainbow GIFs

21/4/20

Preparando o Día do libro

Boas a todos!!

Bulebule bótavos en falta pola biblio, pero sabe que seguides a ler nas vosas casas.

Sabemos que se acerca o Día do libro, 23 de Abril, e dende o cole sempre o celebramos por todo o grande facendo un intercambio de libros . Este ano non vai ser posible. Pero vos propoñemos outro tipo de intercambio.

Por que non compartimos fotos nosas lendo na nosa casa??


A idea é xusto esa, sacarnos fotos lendo dende a nosa ventá. Modificalas, se queremos, engadíndolle algún texto. E envialas por correo a bulebule@ceipidp.net.


Coas fotos que recibamos faremos unha presentación, e así poderemos compartir os nosos momentos de lectura cos compañeiros do cole. 


Aquí vos deixo dous exemplos, xa vedes que o punto de unión é o libro e a ventá. Podedes sacar a foto onde se vos vexa a cara ou non, decisión vosa. 





Animádevos a encher a rede de lecturas dende a casa!! 

Esperamos as vosas fotos!!
imagen del pulgar


2/4/20

Lecturas dende a casa

Neste tempo que non podedes vir a visitar a Bulebule  non queremos que deixedes de ler, así que, ademáis das propostas de lectura e videocontos que vos colgamos en entradas anteriores imos poñer agora lugares onde poder ver/ler ou descargar libros de lectura.

A primeira opción é a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, que por mor do Cornovirus abriu o seu catálogo dixital , tanto en castelán como en galego, para todos aqueles que se rexistren na súa web.



Outra opción, é a xenerosidade das editorias que liberan contenido gratuitamente na rede.

Baía Edicións pon a vosa disposición libros dende os 4 aos 12 anos.



- A editorial Xerais tamén pon a liberou 4 títulos en galego, realmente reconmendables.



Mamut comics tamén libera algún do seus contidos para os amantes dos cómics!



Bruño tamén libera títulos, máis pensados para os pequenos.


Anaya tamén pon a disposición varios dos seus títulos infantís.





2 de ABRIL- Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Este Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil  íamolo celebrar no cole cunha lectura por aula do texto elaborado pola asociación IBBY e cunha exposición dos carteis conmemorativos destes últimos anos, pero iso xa o faremos á volta!!

Agora vos deixamos o cartel deste ano para que o disfrutes co sentido da vista:



A Organización IBBY coma todos os anos preparou unha lectura, moi recomendable, para disfrutar neste día. Aquí vola deixamos sobre a FAME DE PALABRAS. Un nome ben bonito!


Ademáis, non vos esquezades que sigue en pe o Concurso "Un poema na túa voz" de Gálix. Os que xa nos enviástedes o poema só necesitamos a autorización  cuberta de Gálix - páxina 4 e 5-  no correo de bulebule@ceipidp.net . Así mandamos todos os poemas xuntos dende a biblioteca, porque Bulebule sigue a traballar dende a casa !!  E se non mandástedes nada, aínda estamos a tempo!!! O plazo remara o 10 de Abril.

Dende o centro xa recibimos moitos poemas, precisos todos!! Podédelos disfrutar no seguinte Blog.



Animádevos, porque quedaron ben bonitos!!

2 de ABRIL- Día Internacional do Autismo

O 2 de Abril, ten unha doble celebración:

- Día Internacional do Autismo- Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil


Ímosvos ofrecer distintas opcións para unirvos a conmemoración destes dous días. 

Día Internacional do Autismo

Este ano aínda, dende a nosas casas, tamén podemos facer cousas para conmorar este día e facelo máis visible. Propóñovos varias iniciativas que circulan polas redes:

Dende a páxinda de  Día mundial autismo e baixo o lema 

"Podo APRENDER.Podo  TRABALLAR"

Móstrannos o sello de correos para o día de hoxe:

E nos propoñen que participemos a través das redes sociais, seguindo asúa iniciativa:

Aquí vos deixo un enlace onde podedes atopar material para poder facer a actividade! 

Outra das inicitavas é cubrir os nosos balcóne terrazas de elementos de cor azul, xa que é a cor que representa a este colectivo. 


E ademáis, invítanvos a que as 21:00 saiades ás ventanas a facer unha posta en escena de luces:



Animádevos a secundar algunha destas inciciativas e facedenolo chegar a nós tamén!!