BULEBULE VIAXA POLA REDE

21/4/20

Preparando o Día do libro

Boas a todos!!

Bulebule bótavos en falta pola biblio, pero sabe que seguides a ler nas vosas casas.

Sabemos que se acerca o Día do libro, 23 de Abril, e dende o cole sempre o celebramos por todo o grande facendo un intercambio de libros . Este ano non vai ser posible. Pero vos propoñemos outro tipo de intercambio.

Por que non compartimos fotos nosas lendo na nosa casa??


A idea é xusto esa, sacarnos fotos lendo dende a nosa ventá. Modificalas, se queremos, engadíndolle algún texto. E envialas por correo a bulebule@ceipidp.net.


Coas fotos que recibamos faremos unha presentación, e así poderemos compartir os nosos momentos de lectura cos compañeiros do cole. 


Aquí vos deixo dous exemplos, xa vedes que o punto de unión é o libro e a ventá. Podedes sacar a foto onde se vos vexa a cara ou non, decisión vosa. 





Animádevos a encher a rede de lecturas dende a casa!! 

Esperamos as vosas fotos!!
imagen del pulgar


No hay comentarios: