BULEBULE VIAXA POLA REDE

2/4/20

Lecturas dende a casa

Neste tempo que non podedes vir a visitar a Bulebule  non queremos que deixedes de ler, así que, ademáis das propostas de lectura e videocontos que vos colgamos en entradas anteriores imos poñer agora lugares onde poder ver/ler ou descargar libros de lectura.

A primeira opción é a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, que por mor do Cornovirus abriu o seu catálogo dixital , tanto en castelán como en galego, para todos aqueles que se rexistren na súa web.



Outra opción, é a xenerosidade das editorias que liberan contenido gratuitamente na rede.

Baía Edicións pon a vosa disposición libros dende os 4 aos 12 anos.



- A editorial Xerais tamén pon a liberou 4 títulos en galego, realmente reconmendables.



Mamut comics tamén libera algún do seus contidos para os amantes dos cómics!



Bruño tamén libera títulos, máis pensados para os pequenos.


Anaya tamén pon a disposición varios dos seus títulos infantís.





No hay comentarios: