BULEBULE VIAXA POLA REDE

2/4/20

2 de ABRIL- Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Este Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil  íamolo celebrar no cole cunha lectura por aula do texto elaborado pola asociación IBBY e cunha exposición dos carteis conmemorativos destes últimos anos, pero iso xa o faremos á volta!!

Agora vos deixamos o cartel deste ano para que o disfrutes co sentido da vista:



A Organización IBBY coma todos os anos preparou unha lectura, moi recomendable, para disfrutar neste día. Aquí vola deixamos sobre a FAME DE PALABRAS. Un nome ben bonito!


Ademáis, non vos esquezades que sigue en pe o Concurso "Un poema na túa voz" de Gálix. Os que xa nos enviástedes o poema só necesitamos a autorización  cuberta de Gálix - páxina 4 e 5-  no correo de bulebule@ceipidp.net . Así mandamos todos os poemas xuntos dende a biblioteca, porque Bulebule sigue a traballar dende a casa !!  E se non mandástedes nada, aínda estamos a tempo!!! O plazo remara o 10 de Abril.

Dende o centro xa recibimos moitos poemas, precisos todos!! Podédelos disfrutar no seguinte Blog.



Animádevos, porque quedaron ben bonitos!!

No hay comentarios: