BULEBULE VIAXA POLA REDE

13/4/10

1ºA E 1ºB NA BIBLIOTECA CON VICTORIA

O xoves 8 de abril os nenos e as nenas de 1ºA e 1ºB recibimos na biblioteca unha estupenda sorpresa: a visita de Victoria Pérez, para unha marabillosa animación á lectura sobre o libro "Sapo y Sepo,inseparables",da Editorial Alfaguara.
Disfrutamos moito facendo un pequeno teatrillo do libro e tamén pasamos un rato estupendo coas distintas actividades que Victoria ía suxerindo.
Comproba o ben que o pasamos nas fotos!!

No hay comentarios: