BULEBULE VIAXA POLA REDE

24/4/13

Día Internacional da Concienciación sobre o Ruido

POUCO "ECO" NO DÍA MUNDIAL CONTRA O RUÍDO

O Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído é unha actividade que se desenvolve a nivel mundial, dende hai máis de 15 anos, o último mércores do mes de abril, co propósito de promover a nivel internacional o coidado do ambiente acústico, a conservación da audición e a concienciación sobre as molestias e danos que xeran os ruídos.
As actividades relacionadas co Día Internacional sen Ruído en España están organizadas dende hai anos pola Sociedade Española de Acústica coa colaboración de diferentes organismos públicos e entidades privadas. Están especialmente destinados ás poboacións infantil e xuvenil, e con limitado éxito de convocatoria, desenvólvense actos que pretenden axudar a crear unha mentalidade respectuosa co medio acústico.
Actualmente, o impacto do ruído na audición, a saúde e a calidade de vida está totalmente aceptado e demostrado por un gran número de estudos científicos e médicos. O ruído está considerado como un axente contaminante do mundo moderno, o axente contaminante "invisible", e hoxe en día os individuos e as comunidades non aceptan que o ruído sexa un produto "natural" do desenvolvemento tecnolóxico, e en consecuencia débese regular e controlar. O ruído, como outros axentes contaminantes, produce efectos negativos no ser humano, tanto fisiolóxicos coma psicosomáticos, e constitúe un grave problema ambiental e social. A loita contra o ruído é unha acción individual e colectiva, o ruído non o fan só os demais, senón que o facemos todos. A loita contra o ruído precisa, polo tanto, da concienciación e colaboración cidadás. 

No hay comentarios: