BULEBULE VIAXA POLA REDE

23/5/12

ENCONTRO CON...VIKI E @S AMIG@S DE ELVIRA LINDO

O día 14 de maio os alumnos de 3º A e B participaron conxuntamente nunha actividade que resultou moi animada e interesante.



Previamente traballárase na clase o libro de Elvira Lindo “Amigos del alma” que gustara moito.


A persoa encargada de dirixir a actividade foi Viki, actriz de formación e de devoción. Ela foi quen de conseguir que todos participaran activamente na posta en escena da obra.


Dalgunha maneira todos representaron a obra tanto os personaxes principais como os secundarios, Lulai e os seus compañeiros, a escena do Titanic …


Pásarono moi ben e disfrutaron moitísimo,como podedes obervar nestas imaxes.

No hay comentarios: