BULEBULE VIAXA POLA REDE

27/3/11

MARCOS S. CALVEIRO PREMIADO COA DISTINCIÓN "WHITE RAVEN"

Marcos S. Calveiro estivo o 15 de febreiro na nosa biblioteca co alumnado de 4º e 5º de primaria e nos encandilou a tod@s. E agora acabamos de enterarnos de que Marcos S. Calveiro ven de ser galardonado polo seu libro en galego, "O pintor do sombreiro de malvas" coa distinción "White Raven", a de maior prestixio en Literatura Infantil e Xuvenil.

Outro libro en galego que mereceu tamén a distinción foi o de"Contos para nenos que dormen deseguida" de Carlos López e David Pintor, coñecidos como Pinto & Chinto.

Dende o Isaac Díaz Pardo

NORABOA POR ESTES MERECIDOS PREMIOS!!


No hay comentarios: