BULEBULE VIAXA POLA REDE

24/3/11

TERESA GONZÁLEZ COSTA NA BIBLIOTECA

UN DÍA CON....


Teresa González Costa




OBRADOIRO LITERARIO


O pasado luns 21 de marzo os alumnos e alumnas de terceiro ciclo de primaria tivemos a sorte de participar nun Obradoiro Literario coa escritora Teresa González Costa. É a autora de “ A filla do ladrón de bicicletas”, un libro que nos trouxeron os Reis Magos e que todos limos .

Teresa González Costa nace no Grove, pero actualmente vive en Vigo. Licenciada en Filoloxía Inglesa e Italiana. Realizou en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia, como actriz en diversas compañías, talleres de teatro, danza e voz. Como docente, impartíu cursos de teatro en centros de ensino, creando varias obras. Viviu dous anos e medio en Xenebra, onde realizou guións para un programa radiofónico, na sección teatro, e asistiu a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Nesa cidade participou nunha produción da Comédie de Genève, logo dun taller anual. É autora de pezas de teatro publicadas en Fervenza e Laiovento. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acadou no 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con Sempre quixen bailar un tango (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de literatura dramática infantil con Pingueiras e tarteiras (Xerais 2009). En 2010 obtén o XXV Premio Merlín de Literatura Infantil con A filla do ladrón de bicicletas (Xerais 2010).

A historia protagonízaa Serafina. É a filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.

Gañou o XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil .A filla do ladrón de bicicletas foi ilustrada por Jacobo Fernández, que é un ilustrador que coñecemos o curso pasado.

Estivemos encantados, xa que nos aclarou dúbidas que nos xurdiron despois de ler o libro, dúbidas como que pasou coas personaxes, como naceu a historia, onde se situaba o relato…etc
Entendemos o que significaba para ela a bicicleta, a importancia que tiña, que tamén a ten agora para nós.

Esperamos repetir a experiencia. Grazas Teresa!!!!

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo de Educación Primaria.












No hay comentarios: