BULEBULE VIAXA POLA REDE

31/3/11

MAMÁ CABRA EN CONCERTO

Ola, ola, la! é unha aposta musical .
A través das melodías do grupo infantil Mamá Cabra e coa axuda dun DVD-Karaoke, os nenos e nenas aprenderán a cantar as cancións coma se formasen parte da banda.
Polo medio, un sorprendente conto de Gloria Sánchez, ilustrado por Kristina Sabaite. A forza da música en directo completa unha aposta que leva a música como gozo delicioso por toda a casa, no coche... onde se queira!
Os temas son inéditos e para gravalos contaron cun coro dirixido por Ramón Bermejo e con colaboracións como a de Sèrgio Tannus (pandeiro brasileño e cavaquinho) e a de Gende Beat e as súas percusións vocais. Está publicado na Editorial galaxia.

O día 2 de abril farán a súa actuación ás 12,30 e ás 18,00 horas no Forum Metropolitano da Coruña. A entrada é gratuíta. O sábado día 9 de abril, organizaranse catro obradoiros dirixidos aos adultos que queiran coñecer novas propostas para seguir cantando, xogando e gozando coa música de Mama Cabra. As persoas que participen nos obradoiros recibirán de agasallo un exemplar de Ola, ola, la! Con CD e DVD.

No hay comentarios: