BULEBULE VIAXA POLA REDE

22/4/10

DISFRUTA COS LIBROS E COAS LETRAS!!

As letras fan palabras que son capaces de levarnos a lugares insospeitados da nosa imaxinación, ata son capaces de debuxar fantásticas paisaxes.

XABIER P. DOCAMPO NA NOSA BIBLIOTECA

O ESCRITOR XABIER P. DOCAMPO COS ALUMNOS E ALUMNAS DO 3º CICLO

O luns, día 19, recibimos a visita do escritor Xavier P. Docampo, tamén coñecido como Paco. Pronto se estableceu un diálogo entre os alumnos e alumnas.
O escritor, moi amable e divertido en todo momento, respondeu encantado a todas as preguntas que os nenos e as nenas formulábamos. Falouse do medo, de todos os medos...
Obsequiounos tamén cunha mostra de seu enseño literario, contándonos un fermoso conto da búsqueda da perfección.
Agora podo dicir, sen temor a equivocarme, que Xabier P. Docampo manexa ao seu antollo o complicado mundo das letras.
Letras que xiran nos seus textos coma se de gráciles bailarinas se tratase.

Grande como autor, grande como mestre e, sen lugar a dúbidas, grande como persoa.

Lía Pérez Barrán 6ºB.
E en nome de todos os alumnos e todas as alumnas do 3º ciclo e por suposto de toda a comunidade educativa:

¡¡GRAZAS XABIER!!




20/4/10

Cómics para Bulebule DE MEDO




Cóntalle unha poesía a Bulebule DE MEDO







Cóntalle un conto a Bulebule DE MEDO






















ADIVIÑAS ...DE MEDO

NON TEÑAS MEDO DE ADIVIÑALAS. SI PICAS ENRIBA DELAS PODERÁS LELAS MELLOR.

Cóntalle un conto a Bulebule DE MEDO
4 ANOS A

Cóntalle un conto a Bulebule DE MEDO
4 ANOS B

Cóntalle un conto a Bulebule DE MEDO

5 ANOS B


Cóntalle un conto a Bulebule DE MEDO


5 ANOS A


Cóntalle un conto a Bulebule DE MEDO
3 ANOS A


Cóntalle un conto a Bulebule DE MEDO
3 ANOS B



13/4/10

1ºA E 1ºB NA BIBLIOTECA CON VICTORIA

O xoves 8 de abril os nenos e as nenas de 1ºA e 1ºB recibimos na biblioteca unha estupenda sorpresa: a visita de Victoria Pérez, para unha marabillosa animación á lectura sobre o libro "Sapo y Sepo,inseparables",da Editorial Alfaguara.
Disfrutamos moito facendo un pequeno teatrillo do libro e tamén pasamos un rato estupendo coas distintas actividades que Victoria ía suxerindo.
Comproba o ben que o pasamos nas fotos!!

12/4/10

"ABRIL, MES DO LIBRO"

Neste mes celébranse dúas datas moi importantes no ámbito literario:
O 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (que este ano se trasladou ao 12 de abril), celebración promovida pola Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil (IBBY) para homenaxear e conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen. Este ano a OEPLI (sección española) foi a encargada de deseñar o cartel conmemorativo.

Ten como lema:


Un libro espera por


ti; búscao!



E o 23 de abril é o Día do libro e do dereito de autor
Esta efemérides celebrouse por primeira vez en 1995 (promovida pola UNESCO) coa idea de fomentar a lectura e os dereitos de autor. En España, a xornada comezouse a celebrar en 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra.
Podemos completar información nos seguintes enlaces:
Animación sobre Andersen.
Videocontos da obra de Andersen.
Unidade didáctica de Miguel de Cervantes.
Actividades sobre el Quijote.

Con motivo destas celebracións dende o equipo da biblioteca quixemos facer algo especial na semana do 19 ao 23 de abril:
  • O luns os alumnos e alumnas de 5º e 6º recibirán a visita do escritor Xabier DoCampo.
  • O martes, mércores e xoves o alumnado de 6º compartirá lecturas cos nenos e nenas do 1º e 2º ciclo.
  • Sesións de contacontos para o alumnado de Ed. Infantil a cargo do equipo de biblioteca, durante toda a semana.
  • E remataremos a semana con... será unha sorpresa!!

ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES!!