BULEBULE VIAXA POLA REDE

23/11/26

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 Este 25N, os libros tamén alzan a voz.

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na biblioteca preparamos un expositor moi especial.Nel atoparedes libros para entender, para acompañar e para cuestionar: novelas que poñen nome ao que ás veces non se sabe dicir, ensaios que axudan a recoñecer a violencia en todas as súas formas, e historias de mulleres que resistiron, que se reconstruíron e que seguiron adiante.

Porque ler tamén é unha forma de coidarnos e de coidar ás demais.

Pasade a botarlle unha ollada, levade un libro en préstamo e deixade que vos acompañe estes días.

E lembra: estes son só unha pequena mostra. Na biblioteca temos moitos máis libros sobre o tema. Se non atopas o que buscas no expositor, pregunta no mostrador e axudámosche a atopalo.

A biblioteca é un espazo seguro. O 25N, e todos os días.



No hay comentarios: