BULEBULE VIAXA POLA REDE

29/10/13

Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013

O poeta galego, Manuel Álvarez Torneiro, foi galardoado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía pola obra Os ángulos dá brasa. O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2012. Está dotado con 20.000 euros.

Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) traballou durante moitos anos no ámbito do periodismo. Escritor vinculado ao diario La Voz de Galicia, mantivo unha actividade poética ininterrompida dende o seu debut tardío coa obra Memoria dun silencio (1982).

A súa traxectoria inclúe os títulos Rigorosamente humano (1995, Premio Esquío);Luz de facer memoria (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica); Campo segado (2001);Epicentro (2003); Setembro Stradivarius (2004); Parábola do incrédulo (2006) e Os ángulos da brasa, publicado en 2012 na colección Tambo de Factoria K da editorial viguesa Kalandraka. Este poemario obtivo o Premio da crítica de poesía en lingua galega e o Premio Ánxel Casal.

No hay comentarios: