BULEBULE VIAXA POLA REDE

28/5/25

Letras galegas

 Premiados no concurso das letras galegas 2025. Noraboa



















22/5/25

Reloxo do animal en perigo de extinción

 O alumnado estivo a facer uns reloxos moi coloridos e informativos dos animais en perigo de extinción.

















21/5/25

Enquisa biblioteca

Prazo ata o 27 de maio. Grazas pola vosa colaboración. Copia o enlace:


https://forms.gle/YyMh7XcaSdmgMrjdA

15/5/25

Animación a lectura

 Este semana tivemos a sorte de contar coa visita de Victoria Pérez,  actriz, directora e pedagoga, que veu a facer varias sesións de amimación á lecutra.

Gozaron coa teatralización dos libros que limos no cole: 2º leu  Los lunares de Renata, 3º Noé e o gato fan teatro, 5º Yo salvaré a los pinguinos e 6º: Querido hijo, estás despedido. Os rapaces e rapazas  pasárono en grande. Victoria fixo mini obras de teatro con cada un dos grupos. Foi unha experiencia enriquecedora.


 Tamén aproveitamos para facerlle unha entrevista na radio.











14/5/25

Alma de elefante

 Os rapaces e rapazas de 6º tiveron a sorte de disfrutar da autora do libro Alma de elefante.

Andrea Maceiras estivo con nós o luns. 





8/5/25

Apadriñamento lector

 O apadriñamento é unha experiencia que lles gusta moitísimo os nenos e nenas. É una experiencia moi enriquecedora. Déixovos unhas imaxes do ben que o pasaron.












24/4/25

23 de abril Día do libro

 Hoxe celebramos o día do libro. Fixemos un intercambio de libros para conmemorar este día.







3/4/25

Día das Artes

O 1 de abril honramos a Isaac Díaz Pardo no día das Artes Galegas. No cole montamos unha exposición para homenaxear a Isaac Díaz Pardo, viuse un video na biblioteca e os rapaces e rapazas traballaron na clase a súa biografía.

24/3/25

Día da poesía

 O venres foi o día da poesía e cada clase fixo unha poesía do seu animal en perigo de extinción.

Aquí tedes algunhas mostras:



 

12/3/25

Día 8 de Marzo

 Hoxe conmemoramos o día da muller e tivémola sorte de contar ca visita da escritora Cristina Justo. Aos de infantil contoulles o conto de Iriña bailarina e aos de primaria "O país dos mandóns" . Aos rapaces gustoulles moito a actividade. 

Tamén traballaron o libro "Eu vou comigo" e todolos rapaces visionaron o video "Mulleres compositoras de música clásica".





E por suposto fíxose unha exposición con libros relacionados co día da muller.