BULEBULE VIAXA POLA REDE

21/6/10

O BELO DORMINTE OU O MUNDO AO REVÉS

Os alumnos e alumnas de 3º B representaron "O BELO DORMINTE OU O MUNDO AO REVÉS"

O DERRADEIRO BOSQUE 6ºB

O MERLO BRANCO 6ºA

A TÍA LAMBIDA

4ºB representou "A TÍA LAMBIDA" de Eduardo Blanco Amor

14/6/10

ENTREGA DOS PREMIOS DOS CONCURSOS...DE DESEÑO, DAS LETRAS GALEGAS ,E DE MEDO.

Aquí vos deixamos algunhas das fotos da entrega dos premios dos concursos ...DE DESEÑO, DAS LETRAS GALEGAS e DE MEDO.
O acto tivo lugar o luns 7 de xuño, no centro, coa presenza de toda a comunidade educativa, da Concelleira de Educación: Carmen Varela, do Concelleiro de Cultura: Celestino Poza, do Técnico de Cultura Pablo Bouza e de dúas representantes da AMPA.

A todos e a todas MOITAS GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS E POLA VOSA COLABORACIÓN!!

E NORABOA aos premiados e premiadas !!


10/6/10

TEATRO INTERXENERACIONAL

Hoxe os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria recibimos na nosa Biblioteca unha visita moi especial:OS NOSOS MAIORES.¡Pois si! , viñeron para mostrarnos o ben que actúan.
Nesta ocasión a obra que representaron foi“O ÚLTIMO BOSQUE”,que trataba de:

...Os humanos chegaron aos lindes do bosque,e non fan máis que deixar lixo
tirado, arrincar ramas, ensuciar… ¡por non falar dos incendios forestais!.
A árbore máis sabia decide tomar medidas e reúne a todos os seres do
bosque. Entre todos convencerán ao humano de que o bosque debe ser
coidado por todos para o ben e o futuro de todos.

OS ACTORES E AS ACTRICES que a representaron:
BARBOR. Elsa Fernández-Campón
HAXA. Visitación Parafita
CARBALLO. Soledad Muñiz
HUMANO. Micaela González
ELFO 1. Dolores Parga
ELFO 2. María Sánchez
ELFO 3. Salvador Montero
HADA 1. Aurelia Álvarez
HADA 2. Manola Sánchez
HADA 3. Emilia

¡¡MOITAS FELICIDADES A TODOS E A TODAS!! ¡¡MAGNIFICO!!
E moitas grazas por compartir con nós o voso traballo.

11/5/10

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS

Neste mes de traballo arredor das Letras Galegas e da figura de UXÍO NOVONEYRA son moitos os traballos que se realizan no noso colexio:

Así os alumnos de 5ºB dende o seu blog Escola de Ismail achégannos unha presentación sobre o autor que realizaron tres alumnos da clase:Daniel Martínez, Eduardo e Antón.


¡NORABOA POLO VOSO TRABALLO!

4/5/10

Exposición dos traballos do concurso DE MEDO

Queremos dar as grazas dende o equipo da biblioteca aos nenos e nenas pola súa participación,pola súa creatividade e orixinalidade, polo seu traballo e entusiamo .

¡¡GRAZAS E NORABOA A TODOS E TODAS!!

Xa temos gañadores do concurso De Medo

¡¡NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES!!