Hoxe comeza a formación para que pronto podades vir a biblioteca.
24/9/26
9/9/26
Benvidos
Ola, olaaa! Son eu, Bule Bule!Benvidos e benvidas a todos e a todas a un novo curso! Que ganas tiña de volver vervos!Espero que viñésedes con moita enerxía, con moitas ganas de aprender, de xogar e de ler moitísimas historias.Este ano, na nosa biblioteca imos facer unha viaxe moi especial... imos dar a volta ao mundo!
Benvidos ao novo curso, pequena tripulación!
Bulebule
8/9/26
Revista escolar
Revista escolar do curso 2025/2026
https://drive.google.com/file/d/1ELzAQqi5TS5eVAV-yHTx0wU6bVS4ZJe6/view?usp=sharing
19/6/26
Axudantes da biblioteca
Hoxe queremos darvos as grazas pola vosa axuda na biblioteca durante este curso. Co voso compromiso, responsabilidade e ilusión, contribuístes a facer da biblioteca un lugar mellor para todos.
Grazas polo voso esforzo e pola vosa colaboración. Parabéns polo gran traballo realizado!
18/6/26
Premios os máis lectores
Hoxe fixemos entrega dos premios ó alumnado máis lector do colexio. Son os nenos e nenas que máis libros de préstamo levaron da biblioteca do noso colexio. Gracias a todos por soñar lendo. Esperamos seguir compartindo lecturas con todos vós.
1º Ían S.
2º A Mateo.
2º B Sara.
3º A Moa.
3º B Fiorella.
4º A Israa, Chloe, Martina.
5º A Malak.
5º B Ainara.
6º A Lucía.
6º B Valeria.
Premio especial á rapaza máis lectora do colexio: Noa P. F. de 3º A.
28/5/26
25/5/26
Enquisa biblioteca
Por favor, queremos saber a vosa opinión. Para iso realizamos esta enquisa, tedes de prazo para facela ata o 29 de maio. Grazas pola vosa participación.
https://forms.gle/FJEvdSQXoHCN3iHdA
Copia o enlace nunha nova pestana. Grazas
20/5/26
Visita do rato Fuco
Fai uns días tivemos a sorte de que o rato Fuco nos visitara coa obra : " Eu son inspector urbanístico: coida do territorio, coida do teu" . Os nenos e nenas de infantil pasárono xenial .
15/5/26
Escape room
Na biblioteca vivimos unha experiencia moi emocionante cun escape room cheo de pistas e desafíos. Os nenos e nenas pasárono xenial descubrindo cada palabra escondida nos libros e traballando en equipo para resolver as probas. Ao final, cada un levou un marcapáxinas creado pola rapazada do cole.
Foi una actividade divertida, creativa e moi especial para todos!
14/5/26
Animadora santillana
Tivemos a sorte de contar con Victoria que nos fixo desfrutar dunha xornada chea de teatro.
Grazas por achegar a cultura, a literatura e o teatro dunha forma tan divertida e especial. Agardamos poder volver contar contigo noutra ocasión
13/5/26
Visita autores
A semana pasada tivemos a sorte de desfrutar da visita de Chinto, veu porque os rapaces e rapazas de 3º leron "Cámbiache o conto". Foi unha gran sorte que puidera vir e a rapazada desfrutou moito.
Grazas
29/4/26
Apadriñamento
Momentos máxicos para maiores e pequenos...
As lecturas compartidas ou apadriñamentos o día do libro no patio nos que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º leu contos aos pequenos e pequenas de infantil e 1º ciclo son deses momentos tenros, que nos deixan o corazón cheo de ledicia.
23/4/26
15/4/26
O CEIP Isaac Díaz Pardo estrea torneo de xadrez cun éxito total
Con moita ilusión celebramos no CEIP Isaac Díaz Pardo o primeiro torneo de xadrez do cole.
A participación foi todo un éxito: taboleiros cheos, moita concentración e un ambiente inmellorable.
Queremos darlle os parabéns a todos os nenos e nenas que participaron por demostrar tanto esforzo, deportividade e ganas de aprender.
E, por suposto, a nosa enhoraboa máis especial para os gañadores desta primeira edición
!Grazas ao alumnado e ao profesorado por facelo posible. Xa estamos desexando que chegue o próximo torneo!
10/4/26
Visita de Carlos Meixide
Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso cole a Carlos Meixide.
Ao rematar, Carlos asinou os libros de todos os nenos e nenas, deixando un recordo moi especial deste día.
Nós tamén quixemos agradecerlle a súa visita cun detalle moi especial.
Foi unha xornada chea de ilusión, aprendizaxe e emocións, que quedará gardada na nosa memoria como unha experiencia moi especial arredor da lectura.
17/3/26
Día do Cómic
Hoxe no día do cómic.
Na biblioteca temos unha exposición de libros de banda deseñada e o alumnado que colliu hoxe un cómic de préstamo leva de agasallo unha pegatina. A ler!
12/3/26
Campionato de xadrez
Hoxe demos comezo ao campionato de xadrez na ludoteca. Apuntáronse moitos alumnos e alumnas. Moita sorte a todos os participantes.
9/3/26
Semana da prensa
Comeza a semana da prensa na escola. A través dela queremos que os alumnos sexan capaces de usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o desenvolvemento das súas actitudes e destrezas persoais, tales como a creatividade, a educación para o lecer, o estudo do medio e a inserción en grupos e servizos sociais, así como toda clase de opcións das que o xornal se fai eco cada día nas súas páxinas.
8/3/26
Día Internacional da Muller
Hoxe conmemoramos o Día da Muller. Temos unha exposición de libros na biblioteca. Botádelles unha ollada.


.jpeg)
)%20(1).png)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)









