Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso cole a Carlos Meixide.
Ao rematar, Carlos asinou os libros de todos os nenos e nenas, deixando un recordo moi especial deste día.
Nós tamén quixemos agradecerlle a súa visita cun detalle moi especial.
Foi unha xornada chea de ilusión, aprendizaxe e emocións, que quedará gardada na nosa memoria como unha experiencia moi especial arredor da lectura.
Moitas grazas, Carlos, pola túa visita.



