BULEBULE VIAXA POLA REDE

12/3/26

Campionato de xadrez

 Hoxe demos comezo ao campionato de xadrez na ludoteca. Apuntáronse moitos alumnos e alumnas. Moita sorte a todos os participantes.





9/3/26

Semana da prensa

Comeza a semana da prensa na escola. A través dela queremos que os alumnos sexan capaces de usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o desenvolvemento das súas actitudes e destrezas persoais, tales como a creatividade, a educación para o lecer, o estudo do medio e a inserción en grupos e servizos sociais, así como toda clase de opcións das que o xornal se fai eco cada día nas súas páxinas.




8/3/26

Día Internacional da Muller

 Hoxe conmemoramos o Día da Muller. Temos unha exposición de libros na biblioteca. Botádelles unha ollada.




24/2/26

Rosalía de Castro

 Aquí tedes tamén o vídeo. Grazas



23/2/26

Día de Rosalía de Castro.



Desde o cole quixemos homenaxear a Rosalía de Castro, a gran poetisa e novelista galega do S. XIX, centrándonos na estrela que ten no universo. Para iso collimos a constelación onde está a estrela de Rosalía e cada neno fixo un debuxo inspirado na figura que forma dita constelación. Tamén gravamos un vídeo entre todo o alumnado e o visionamos hoxe pola mañá. Aquí déixovos unha pequena mostra dos debuxos.










Día de Rosalía

 O alumnado de 4ºA fixo o seu particular homenaxe a Rosalía de Castro.



30/1/26

Día da Paz

 Hoxe foi un día da Paz moi espcial no noso cole. Os nenos e nenas viviron este día cun apadriñamento de libros no que os maiores léronlle aos máis pequenos. Ademais, fixemos un acordo de paz, íamos intentar cumprir os valores do planeta Harmonia para acadar a paz.












Portas decoradas



As portas do noso espazo abrénse para vós.