BULEBULE VIAXA POLA REDE

13/11/13

300 ANOS ESCRIBINDO CON BOA LETRA: A "Real Academia Española" cumpre 300 anos

A Real Academia Española (RAE) fundada por Juan Manuel Fernández Pacheco no 1713 cumpre 300 anos e, para celebralo, preparou un amplo programa de actividades que comezou en setembro deste ano e remata a finais de 2014.
A exposición La lengua y l a palabra foi a encargada de inaugurar este tricentenario mostrando a historia e a evolución da RAE ao longo dos seus anos de vida. Tivo lugar na Biblioteca Nacional de España e permanece aberta dende o 26 de setembro, segundo explicaron o director da RAE, José Manuel Blecua, e o secretario da institución, Darío Villanueva.
Pero non vai ser a única exposición que nos achegue ao labor que A RAE leva a cabo dende 1713El  rostro de las letras presentará unha ampla colección de retratos de escritores, fundamentalmente académicos, rastrexados por decenas de arquivos e coleccións públicas e privadas.
O obxectivo desta é presentar un estudo exhaustivo do retrato fotográfico español dende o daguerrotipo, o primeiro procedemento fotográfico que foi desenvolvido por Louis Daguerre. Esta segunda exposición está prevista para setembro de 2014 e, segundo explicou Villanueva, pode que visite varias cidades españolas despois da súa inauguración en Madrid.
A conmemoración do tricentenario culminará coa publicación da 23ª edición do Dicionario da Lingua Española, en outubro de 2014. É unha edición revisada que aparecerá cun novo formato e un número maior de lemas, preto de noventa mil.
Outra das actividades máis atractivas é Cómicos de la Lengua, na que recoñecidos actores e actrices españois lerán destacadas obras escritas no noso idioma dende a Idade Media ata o século XX. Dirixida polo académico e director teatral José Luis Gómez, o proxecto contará coa explicación, a cargo dun académico de RÁE, das peculiaridades de cada período.




Dende o centro estamos a preparar un INTERCAMBIO DE LIBROS para conmemorar tal evento. Estade atentos e atentas!!!

9/11/13

Miguelanxo Prado, gaña o Premio Nacional de Cómic


O Ministerio de Cultura outórgalle o galardón pola obra "Ardalén".
O autor Miguelanxo Prado foi galardoado co Premio Nacional do Cómic 2013 pola súa obra 'Ardalén', publicado por Norma en 2012 tanto en castelán coma en galego. O xurado destacou o carácter poético da súa obra, que mestura a realidade co sono, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor. O premio concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte está dotado con 20.000 euros e ten como obxecto distinguir a mellor obra desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2012.

O recoñecemento do Ministerio de Cultura chégalle tras unha grande  traxectoria de éxitos, pero de moito esforzo e traballo. O debuxante coruñes  é o creador do  Xabarín, que leva dúas décadas entretendo aos nenos galegos,  e dos personaxes da serie “Os vixilantes do camiño”. Estas colaboracións coa TVG foron as primeiras experiencias do artista coruñés no mundo da animación.  A súa relación co audiovisual levouno tamén a traballar no deseño de “Men in Black”, para Dreamworks, e a dirixir a película “De Profundis”


NORABOA!!!!


POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO



PEÓN      BUXAINA     BAILAROCA     BAILARETE...
Trátase dun pequeno xoguete de madeira, preferiblemente de buxo, de aí o nome BUXAINA, en forma de corazón e rematado cunha punta de aceiro.
O obxectivo do xogo era facer baila-la buxaina coa axuda dun cordel que se lle enrolla coidadosamente, pero tamén tratar de fende-la buxaina doutro compañeiro lanzando con habilidade a propia sobre a del.
Era un xogo primordialmente dos rapaces, ainda que algunhas rapazas sabían tamén bailala.
Xóbase ó aire libre, sobre un terreo chan e apelmazado, no inverno, desde San Martiño (11 de novembro) ata San Amaro (15 de xaneiro) ou ata a Pascua, tal como reflexa o noso refraneiro:
  • Polo San Martiño, buxainas ó camiño;
  • Polo San Amaro, buxainas ó tellado;
  • Polo San Amaro bota os trompos ó tellado;
  • Pola Pascua, trompos á ascua;
A buxaina recibía tamén os nomes de:
  • trompo
  • peón
  • peona                    peóns
  • peonza
  • bailarina
  • bailaroca
  • bailarete
  • sevillana
Unha variante da buxaina é a pirindola ou pirinola, que se baila directamente coa man, sen necesidade de cordel; esta era preferida polas nenas.

Atoparedes moita información sobre este tema se premedes na seguinte imaxe:
 peóns

Este ano súmase á celebración o concello coa organización da EXPOSICIÓN  ESPAZO MÁXICO (buxainas, libros e ilustracións)


Dende o día 11 de outubro ata o 10 de novembro a Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico “Ría do Burgo” acollerá unha orixinal  exposición sobre literatura infantil, buxainas e ilustracións.

Esta exposición ofrece:

Unha escolma de libros da mellor literatura infantil.
Unha selección de ilustracións realizadas polos mellores ilustradores actuais que recrean e interpretan textos literarios, de todas as épocas, onde aparecen citadas as buxainas.
Unha colección de buxainas de todos os continentes.
Unha selección de números da revista de Literatura Infantil e Xuvenil “Peonza”,  unha das máis importantes do país que cumpre 25 anos de vida.
Obradoiros de buxaino-pintura, de poesi-buxaina, e de xogos de buxainas.

Esta mostra non quere ser unha exposición máis…, quere dirixirse a todos, maiores e pequenos.
Quere ser unha viaxe polo mundo da literatura infantil seguindo a pegada dun sinxelo e humilde xoguete: a buxaina.
A buxaina, que como por arte de maxia, aparece e desaparece diante do noso nariz, ao longo desta mostra…
Aparece nas citas literarias, mais desaparece nunha delas (será quen de descubrila?) aínda que sintamos a sua inevitable presenza…
Aparece nas imaxinativas ilustracións que as acompañan, e parece desaparecer  na  coidada selección de  libros que se ofrece.
E volve a aparecer nas vitrinas espalladas ao longo da sala, mais semella que volven a agocharse nun cadro, convertidas en obxetos imposibles…
Ao remate desta exposición, caerás na conta de que non se expoñen buxainas…, ti, visitante, serás o exposto… exposto  ao mundo da imaxinación e da creatividade, e exposto ao irresistible e máxico baile dunha  buxaina…

Lugar: Aula de Natureza “Juan Lembeye”. Xardín Botánico “Ría do Burgo”.
Datas: do 11 de outubro ao 10 de novembro de 2013.
Horario: de luns a venres (de 18.00 a 21.00 horas). Sábados de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

31/10/13

Día da Ciencia en Galego

O 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, unha celebración que pretende poñer en valor o uso do idioma no ámbito científico e contribuír a promover a investigación desenvolvida na lingua propia de Galicia. Co fin de unirse a esta celebración, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición da cidadanía, a través do seu portal web, multitude de recursos que poden resultar de utilidade para avanzar na consolidación do galego na ciencia.

Nesta edición os homenaxeados son o arquitecto Richard Buckminster, a científica Florence Nightingale e o intelectual e artista galego Isaac Díaz Pardo.


O sitioweb www.xunta.es/linguagalega/dia_da_ciencia_en_galego  inclúe numerosas iniciativas programadas nestas datas para celebrar o Día da Ciencia en Galego, desde as actividades que se van desenvolver en diversas facultades da Universidade de Santiago e en centros educativos de primaria e secundaria, ata programas de divulgación científica como ConCiencia ou feiras científicas do nivel de Galiciencia.
Tamén están accesibles diversos recursos audiovisuais acerca desta temática, entre os que se atopan varios capítulos sobre o programa televisivo Ben falado, reportaxes na canle de televisión por internet Linguagaleta.tv. ou o vídeo da campaña En galego tamén se fai ciencia

30/10/13

MAGOSTO e SAMAÍN

Para coñecer novas, cantigas, refráns, adiviñas e outras moitas cousas sobre o Magosto e Samaín  podedes consultar os seguintes enlaces. Ademáis atoparedes un montón de actividades, curiosidades, debuxos....
 Animádevos!!!
 



NETVIBES MAGOSTO
SAMAÍN
 

MAGOSTO E SAMAÍN



Este curso celebraremos o mesmo día o Magosto e o Samaín. Bulebule anda a buscar lecturas axeitadas e a preparar actividades varias para tal fin.A selección de libros de medo atópase  no andar principal, na subida das escaleiras, mirádea, pero non vos asustedes!!!  


Tamén na biblioteca atoparedes
sorpresas,
pero, repito, non vos asustedes...



29/10/13

José María Merino Premio Nacional de Literatura coa obra «El río del Edén»

O escritor José María Merino  (A Coruña, 5 de marzo de 1941- ),  obtivo o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa coa obra «El río del Edén» (Alfaguara).


Naceu en Galicia e pouco despois a familia marchou a cidade do pai, León, onde pasou a infancia e a adolescencia. Estudou dereito naUniversidade Complutense de Madrid e logo de exercer un tempo como avogado ingresa como funcionario no Ministerio de Educación. Foi director do Centro das Letras do Ministerio de Cultura (1987-1989).
En 1972 publicou o seu primeiro libro, o poemario Sitio de Tarifa. Aínda que Merino é sobre todo conecido polas súas novelas e contos, a primeira novela publicouna en 1976, Novela de Andres Choz.
En 2013 recibiu Premio Nacional de Narrativa, pola súa novela El río del Edén.

Obra
·         Sitio de Tarifa (1972).
·         Cumpleaños lejos de casa (1973).
·         Novela de Andrés Choz (1976).
·         El caldero de oro (1981).
·         Cuentos del reino secreto (1982).
·         La orilla oscura (1985).
·         El viajero perdido (1990).
·         Los trenes del verano -No soy un libro- (1992).
·         Las visiones de Lucrecia (1996).
·         Intramuros (1998).
·         Los invisibles (2000).
·         El heredero (2003).
·         El lugar sin culpa (2006).
·         La sima (2009).

·         El río del Edén (2012.

Premio Nobel de Literatura 2013

A escritora canadense Alice Munro, considerada unha das voces máis importantes da literatura en lingua inglesa, converteuse na gañadora do Premio Nobel de Literatura 2013.

A Academia Sueca, ao anunciar o seu fallo, definiu a Munro como a "mestra do relato curto contemporáneo" e destacou que é aclamada polo seu "harmonioso estilo de relatar, que se caracteriza pola súa claridade e realismo psicolóxico".

Munro convértese na primeira escitora (ou escritor) canadense que gaña o máis importante galardón das letras mundiais dende a súa creación en 1901.Munro sucede no palmarés ao chinés Mo Yan.

Munro, de 82 anos e nacida en Wingham (Ontario), recibiu en 2009 o Man Brooker e foi finalista do Premio Príncipe de Asturias das Letras en 2011.


OBRAS:
  • Dance of the Happy Shades, 1968, cuentos.
  • Lives of Girls and Women, 1971, novela. Las vidas de las mujeres, Lumen, 2011.
  • Something I’ve Been Meaning to Tell You, 1974, relatos entrelazados
  • The Beggar Maid (aparecido antes como Who Do You Think You Are?), 1978, cuentos.
  • The Moons of Jupiter, 1982. Tr.: Las lunas de Júpiter, De Bolsillo, 2010, cuentos.
  • The Progress of Love, 1986. Tr.: El progreso del amor, RBA, 2009, cuentos.
  • Friend of My Youth, 1990. Tr.: Amistad de juventud, De Bolsillo, 2010, cuentos.
  • Open Secrets, 1994. Tr.: Secretos a voces, RBA, 2008, cuentos.
  • The Love of a Good Woman, 1998. Tr.: El amor de una mujer generosa, RBA, 2009, cuentos.
  • Hateship, Friendship, Courtship, Loveship, Marriage, 2001. Tr.: Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio, RBA, 2007, cuentos.
  • Runaway, 2004. Tr.: Escapada, RBA, 2005, cuentos.
  • The View from Castle Rock, 2006. Tr.: La vista desde Castle Rock, RBA, 2008, relatos enlazados sobre su familia.
  • Too Much Happiness, 2009. Tr.: Demasiada felicidad, Lumen, 2010, cuentos.
  • Dear Life, 2012. Tr.: Mi vida querida, Lumen, 2013, cuentos.

Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013

O poeta galego, Manuel Álvarez Torneiro, foi galardoado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía pola obra Os ángulos dá brasa. O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2012. Está dotado con 20.000 euros.

Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) traballou durante moitos anos no ámbito do periodismo. Escritor vinculado ao diario La Voz de Galicia, mantivo unha actividade poética ininterrompida dende o seu debut tardío coa obra Memoria dun silencio (1982).

A súa traxectoria inclúe os títulos Rigorosamente humano (1995, Premio Esquío);Luz de facer memoria (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica); Campo segado (2001);Epicentro (2003); Setembro Stradivarius (2004); Parábola do incrédulo (2006) e Os ángulos da brasa, publicado en 2012 na colección Tambo de Factoria K da editorial viguesa Kalandraka. Este poemario obtivo o Premio da crítica de poesía en lingua galega e o Premio Ánxel Casal.

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabidana biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO

28/10/13

A escena musical chora a Lou Reed

Compañeiros e admiradores de Lou Reed choran a morte desta lenda do rock, que faleceu o domingo aos 71 anos. «Era un mestre», declaraba David Bowie, que en 1972 produciu o primeiro álbum en solitario de Reed, Transformer. «O mundo perdeu a un destacado compositor e poeta», escribía en Facebook John Cale, cofundador xunto a Lou Reed da mítica banda The Velvet Underground. «Eu perdín ao meu amigo desde o colexio».
Tamén a «madriña do punk» Patti Smith estaba hoxe de loito pola morte dun dos seus amigos «máis importantes». «Quero tanto a Lou Reed. Sempre», engadía Flea dos Red Hot Chili Peppers. E Iggy Pop, que nos anos 70 compartiu piso en Berlín con Bowie , falaba en Twitter de «noticias deprimentes».
PaulStanley , membro fundador de Kiss , cualificou a Reed de «músico, artista e pioneiro que seguiu as súas propias regras». «RIP Lou Reed. Nova York perdeu hoxe a un dos nosos grandes agasallos», engadía Russell Simmons, cofundador do selo de hip hop Def Jam Recordings.
«Ao meu amigo Lou Reed chegoulle o final da súa canción», tuiteó pola súa banda o escritor Salman Rushdie, mentres que a actriz Mia Farrow manifestaba o seu agradecemento eterno por todo ao autor de hits como Sweet Jane, Perfect Day ouWalk on the Wild Side. «A música da miña xeración», apuntaba Samuel L Jackson.

En España tamén os artistas reaccionaron á morte de Lou Reed. «Aprender inglés de pequenos lendo as letras da Velvet. Aprender a tocar a guitarra sacando white light white heat», comentaba Amaral en twitter, facendo alusión ao segundo álbum do grupo The Velvet Undergroung. Tamén se sumaban ás condolencias o grupo Os Mojinos Esocíos e os cantantes Leonor Watling e Coti; este último comentou que Nova York «é o que é en parte grazas a Lou».


Como dato curioso  comentarvos que co seu amigo Iggy Pop acheouse ás pantallas non hai moito,... Prestando as súas voces aos villanos de Arthur e a guerra dos mundos, o filme co que Luc Besson prosigue  a súa saga animada.  E curiosamente é Lou Reed quen repite na serie, xa que interviú anteriormente en Arthur e a vinganza de Maltazard en 2009.

MOCHILAS VIAXEIRAS CURSO 13-14




Xa hai un par de días que Bulebule puxo en marcha, un ano máis, as Mochilas Viaxeiras. Xa chegarían, ou estarán a chegar, ás vosas casas. Tratádeas como se merecen!!
Este curso recíben as de cor vermello, por primeira vez, as familias dos alumnos e alumnas de 1º de Primaria, agardamos que vos gusten!!

Levan, entre outros, os libros viaxeiros, para que colaboredes coas vosas historias, anécdotas…



Por certo, podedes ver os
        LIBROS 

VIAXEIROS, do curso pasado, coas vosas aportacións, na exposición que Bulebule fixo, a tal fin, no colexio ( na entrada principal ao lado do ascensor).  Seguide así!!

19/10/13

24 de outubro: Día Internacional da Biblioteca Escolar




O CLARO DO BOSQUE

Erase unha vez un grupo de nenos aventureiros que escaparon do Castelo da Ignorancia tan rápido como o permitían os seus pés. A noite véuselles encima, cos seus sons aterradores e as súas misteriosas formas fantasmagóricas, e acháronse no medio dun bosque escuro. Ao non poder ver cara a onde ían, abrazáronse para darse calor e protección e así permaneceron ata o amencer.
Cando saíu o sol, os nenos viron con sorpresa que se atopaban nun claro do que partían tantos carreiros, en direccións diferentes, que case era imposible contalos. Os carreiros tiñan curvas e recovecos de forma que non podían saber o que había ao final, soamente podían imaxinalo.
¾Eu irei por este lado —dixo un raparigo, e tomou un dos carreiros. Pronto chegou a unha cidade medieval de altas murallas e gallardetes ao vento. Atravesou valerosamente a súa gran porta de entrada, e naquel lugar correu grandes aventuras.
—Este carreiro parece interesante —dixo unha nena —Non podo imaxinar o que hai á volta do recodo. Por iso, partiu noutra dirección e pronto se atopou nunha nave espacial, vendo como o sistema solar se facía máis pequeno, a medida que a nave avanzaba cara ao centro da galaxia.

—Eu quero atopar unha espada máxica coa que vencer ao xigante malvado que nos tivo tanto tempo prisioneiros— exclamou un neno.

 —Eu tamén —e ambos tomaron outro carreiro, pensando dar batalla ao malvado xigante.

—Gustaríame ver o mundo enteiro, coñecer todos os países e todos os seus pobos, escoitar os seus idiomas e xogar cos seus nenos.

—E eu necesito saber como funciona o mundo. Por que caen as follas ao chan mentres que as estrelas permanecen no ceo. Quero sabelo todo.

Pronto se foran todos os nenos, excepto unha nena pequena. Mirou ao redor do claro soleado e aos diferentes carreiros, uns agora explorados e outros, esperando que alguén atope o que se oculta detrás dos seus recodos.

Puxo a súa man sobre a suave cortiza dunha árbore, dicindo en voz alta:
—Este lugar é máxico. Desexo saber como se chama.

E o claro do bosque contestoulle: —O meu nome éBiblioteca.