BULEBULE VIAXA POLA REDE

29/3/11

SESIÓN DE CONTACONTOS CON MARIO TOMÁS

Hoxe recibimos no colexio a visita de Mario Tomás, que, en compañia do "Avó Pato" e do pequeno teatro de monicreques, contounos fantásticos contos.

Participaron na actividade os alumnos e alumnas de Educación Infantil
grazas ao Consorcio Editorial.

Mario andaba medio "desmemoriado", así que todos lle tivemos que axudar a contar os contos: o do verme que era quen de asustar aos animais máis fortes e feroces da selva; o da princesa que quería ao seu pai como a comida ao sal.

Grazas por este rato tan estupendo.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes e un video do teatro de monicreques.


video

GRAZAS MARIO E VOLVE PRONTO POLO COLEXIO CON MÁIS CONTO!!

1 comentario:

NURIA dijo...

Que divertido, encantaríame estar alí.