BULEBULE VIAXA POLA REDE

29/3/11

ABRIL, MES DOS LIBROS

Se acerca o mes de abril, un mes que nos trae dúas conmemoracións importantes arredor do libro e da lectura.

O día 2 celebraremos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
, promovido polo IBBY (International Board on Books for young people), co que quere por de relevancia a figura do escritor danés Hans Christian Andersen e fomentar a lectura entre os nenos e nenas.

Cada ano un país membro de dita Organización Internacional encárgase de seleccionar a un escritor e a un ilustrador para realizar a mensaxe e o cartel que se dirixe a todos os nenos do mundo. Este ano correspóndelle a Estonia, que enviou o cartel de Jüri Mildeberg e a mensaxe de Aino Pervik.

Grazas á OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) e á sección galega, GALIX, podemos acceder ao tríptico que presenta o texto de Aino Pervik nas catro linguas do Estado, e disfrutalo en galego.

Durante este mes de abril, teremos contacontos, encontros con escritores...


PROGRAMACIÓN MES DO LIBRO


No hay comentarios: