BULEBULE VIAXA POLA REDE

20/3/11

DÍA DA POESÍA

O luns 21 de marzo celebramos a chegada da Primavera e o Día da Poesía.

Hoxe invitámosvos a disfrutar desta poesía.

Mírase no espello,

con todas as cores

unha bolboreta

que viviu nas flores.

Mírase fermosa

Mírase belida tan chusca tan leve tan chea de vida.

Sobe e baixa e sobe

diante do espello.

El está ben canso

e séntese vello.

E séntese triste ao vela voar. Linda bolboreta, non te mires máis.

Antonio García Teijeiro
Bolboretas no papel

No hay comentarios: