BULEBULE VIAXA POLA REDE

11/3/11

CONTOQOALINGUA OBRADOIRO DE ESCRITA, PLÁSTICA E AUDIOVISUAL.

Hoxe os alumnos e as alumnas de 5º A e 5º B asistiron na Biblioteca do cole a un obradoiro de escrita, plástica e audiovisual grazas a Deputación da Coruña en colaboración con OQO editora.



Son moitas as palabras que compoñen unha lingua.
Unhas poden resultar moi agradables: agasallo, calor, papoula...
outras son capaces de facernos voar: papaventos, anduriña...
algunhas prodúcennos cóxegas: brinquedo, chuchamel...
e outras nos poden encher de preocupación: soidade, guerra...



E que podo facer eu?
proponnos xogar con todas elas, trasladando o seu uso ao mundo da escrita, do audiovisual ou da creación plástica.

E xogaron de verdade coas palabras!!

E como agasallo un libro!!
que sorte!!






1 comentario:

antongomez dijo...

Aínda que a algúns non lles deu tempo de facer o obradoiro foi moi divertido.