Ola familias!!
Nesta entrada imos recopilar diferentes opcións de actividades para poder celebrar este Día do libro.
O profe Xoanca creou esta sopa de letras para buscar que tres grandes figuras morreron este día 23 de abril, e ademáis a cidade que vai ser capital do mundo a partir de hoxe. Esperamos que a disfrutedes.
A mestra Esther tenvos preparado o conto Por cuatro esquinitas de nada, para poder disfrutálo non deixedes de visitar o seu blog, alí tedes máis contos e actividades:
A Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas facilítanos este texto que Manuel Gago creou especialmente para o día de hoxe. Merece a pena lelo con calma.
As editorias tamén se suman a celebración do Día do libro facilitando o encontro con autores, aínda que sexa a distancia!
- O grupo edebé vos invita a participar na presentación e encontros dixitais con diversos autores. Na súa canle de instagram. Máis información neste enlace.
- Santillana vos ofrece un encontro con Rosa Huertas, hoxe xoves ás 18:00h para ler Las Brujas, de Roald Dahl. Aquí tedes o enlace, onde tedes máis vídeos dispoñibles doutros escritores.
Recordade que nós temos pendente recibir as vosas fotos lendo dende a ventá!! Estamos recopilándoas todas e proximamente se publicarán!! Gracias por participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario