BULEBULE VIAXA POLA REDE

28/4/20

Día mundial da danza

Seguindo coas celebracións mañá 29 de marzo celébrase o Día Mundial da Danza, e Lara ten unha proposta para todos vós:


tarefa/reto desta semana é para todo o alumnado do cole, é moi doada e  consiste en enviar un vídeo bailando ao correo electrónico laraval@ceipidp.net 
Cómo?:

- En familia, sós ou soas, en parella, agarrados, soltos...
- Podedes saír disfrazad@s, tunead@s... imaxinación ao poder!
- O vídeo terá unha duración de 15 segundos.
- Lembrade que o móbil que grave sempre estará en posición horizontal.
- Podedes escoller a música que mais vos preste: clásica, moderna, tradicional...

Ademais para a rapazada de 5º e 6º, déixovos unha tarefa para que me enviedes ao meu correo: FORMULARIO DANZA
  
                                  💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃

Tedes ata o martes da semana próxima para enviar os vosos vídeos. 

Tedes toda a información no Blog de Música, onde tamén hai un montón de exemplos de danzas. 

Animádevos!!



No hay comentarios: