O 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (que este ano se trasladou ao 12 de abril), celebración promovida pola Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil (IBBY) para homenaxear e conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen. Este ano a OEPLI (sección española) foi a encargada de deseñar o cartel conmemorativo.
Ten como lema:
Un libro espera por
ti; búscao!
E o 23 de abril é o Día do libro e do dereito de autor
Esta efemérides celebrouse por primeira vez en 1995 (promovida pola UNESCO) coa idea de fomentar a lectura e os dereitos de autor. En España, a xornada comezouse a celebrar en 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra.
Podemos completar información nos seguintes enlaces:
Animación sobre Andersen.
Videocontos da obra de Andersen.
Unidade didáctica de Miguel de Cervantes.
Actividades sobre el Quijote.
Con motivo destas celebracións dende o equipo da biblioteca quixemos facer algo especial na semana do 19 ao 23 de abril:
- O luns os alumnos e alumnas de 5º e 6º recibirán a visita do escritor Xabier DoCampo.
- O martes, mércores e xoves o alumnado de 6º compartirá lecturas cos nenos e nenas do 1º e 2º ciclo.
- Sesións de contacontos para o alumnado de Ed. Infantil a cargo do equipo de biblioteca, durante toda a semana.
- E remataremos a semana con... será unha sorpresa!!
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario