O luns, día 19, recibimos a visita do escritor Xavier P. Docampo, tamén coñecido como Paco. Pronto se estableceu un diálogo entre os alumnos e alumnas.
O escritor, moi amable e divertido en todo momento, respondeu encantado a todas as preguntas que os nenos e as nenas formulábamos. Falouse do medo, de todos os medos...
Obsequiounos tamén cunha mostra de seu enseño literario, contándonos un fermoso conto da búsqueda da perfección.
Agora podo dicir, sen temor a equivocarme, que Xabier P. Docampo manexa ao seu antollo o complicado mundo das letras.
Letras que xiran nos seus textos coma se de gráciles bailarinas se tratase.

Grande como autor, grande como mestre e, sen lugar a dúbidas, grande como persoa.
Lía Pérez Barrán 6ºB.
E en nome de todos os alumnos e todas as alumnas do 3º ciclo e por suposto de toda a comunidade educativa:
¡¡GRAZAS XABIER!!
¡¡GRAZAS XABIER!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario