"A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos".
Bulebule nos ACONSELLA poñer un pouco de poesía nas nosas vidas!!.
As súas PROPOSTAS para traballar no cole e na casa son:
Ler,recitar,escoitar e escribir poemas breves.
En Rede Lectura atopamos unha selección de textos poéticos de referencia:
Coñecer a figura e a obra de Uxío Novoneyra a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. Poema de Uxío Novoneyra.
Actividades Lim de Uxío Novoneyra (Ceip Condesa de Fenosa)
Escoitar poesía cantada: Amancio Prada, Suso Vaamonde... son algúns dos artistas que cantan aos poetas galegos.
Recursos na rede:
Recursos poéticos para el aula
1 comentario:
Ola equipo:
Góstame o voso blog. Interesante e actual nos contidos e moi estético na presentación.
Noraboa.
Publicar un comentario