A actividade que nos mantivo entretidos todo xaneiro foi o Día Escolar da Paz e da non violencia. Este ano decidiuse que os cursos máis altos preparasen lecturas para os máis pequenos, que se foron lendo clase por clase.
Algunhas das lecturas escollidas foron:
- Un can e un gato
- Un chocolate muy especial
- La escuela secreta de Nasreen
Todos os contos tiñan diferentes contidos pero querían facer reflexionar aos pequenos sobre os valores a traballar neste Día da paz, non pelexar, a igualdade de oportunidades para todos, non ao racismo ou saber perdoar.
Así quedou o panel da entrada decorada como non podía ser doutro xeito con pombas da paz, palabras que crean paz e ademais a letra da canción de Quérote máis (se non a coñecedes aquí tedes o enlace aun videoclip ben bonito). Canción que traballou todo o cole e que acabamos cantando e bailando todos xuntos ao remate do día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario