BULEBULE VIAXA POLA REDE

11/2/20

Febreiro

Este mes de febreiro está sendo moi activo!

Empezou recibindo aos nenos de terceiro para facer un obradoiro sobre a Resolución Pacífica de conflitos, despois de traballar anteriormente na aula. Bulebule observou todas as actividades moi atentamente e gustoulle moito o ben que se portaron:


O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da muller e a nena científica, se non o coñecíades aquí vos deixo a web onde hai máis información sobre este día. Nós tivemos a gran sorte de  que veu ao cole, o día 10 e 11, unha científica moi próxima a nós, xa que forma parte da nosa comunidade educativa sendo nai de dous alumnos do centro.

Os cursos de 5 anos, 1º, 3º. 4º, 5º e 6º de primaria puideron desfrutar dunha charla moi amena sobre a importancia da celebración deste día. Aquí vos deixo unha mostra.


Esperamos que sexa unha actividade a repetir nos vindeiros cursos!! Mil grazas Tamara. 

O día 13 visitounos a autora Mónica Rodriguez da que desfrutaron os rapaces e rapazas de cuarto, despois de ler o seu libro Kerido Azubá.  Quedaron todos moi contentos, a escritora por todas as preguntas recibidas e o seu recibimento, debaixo vos deixo a foto, e os nenos ao poder coñecela! Graciñas Mónica!


O que resta de mes seguiremos inmersos no entroido!! Esta semana, ata o 14, estades a tempo de traer a vosa carauta para o concurso!



O póximo martes 18 será a degustación de doces e o venres faremos o gran desfile de entroido coa temática dos xogos!

Este martes 18 tamén contamos ca visita de Sabela Gago quen fixo unhas sesións de animación á lectura cos nenos de Infantil. Moreas de bicos para Sabela tamén, e a ver se nos volvemos a ver para o ano!!

Aquí vos deixo a súa firma.


A pasalo ben.

No hay comentarios: