BULEBULE VIAXA POLA REDE

24/10/17

24 de outubro, día da Biblioteca


Hoxe,  24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. 
Coa celebración deste día quérese concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os nenos e novos, e agradecer e potenciar o extraordinario labor dos profesionais das bibliotecas, difundindo a existencia dun servizo público de proximidade e inclusivo que contribúe eficazmente a facilitar unha vía de acceso ao coñecemento a todos os cidadáns. Búscase, por tanto, destacar o papel da biblioteca como un espazo público do coñecemento, libre e gratuíto, que se fai aínda máis necesario dentro da nova contorna dixital, ademais de traballar e contribuír a reducir as desigualdades sociais.

No hay comentarios: