Os nenos e nenas de 4º de primaria aprendemos e desfrutamos, grazas a unha actividade organizada polo Concello, do obradoiro " COMO ESCRIBIR UN CONTO", con Manuel Guisande,
É xa o segundo ano que nos visita Manuel, pero non deixa de encantarnos a actividade.
Currículum
Aportou á literatura infantil de Galicia, xunto co ilustrador Xosé Tomás, un personaxe entrañable como o paxaro "Rodribico": unha colección de contos editada por "Baía Edicións" no ano 2010 co que obtivo "Premio Literario Isaac Díaz Pardo" que concede a "Asociación Galega de Editores" e que xa foi traducida ao castelán e portugués. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e conta cun curriculum xornalístico que vai desde El Correo Gallego, o semanario El Orzán, El Ideal Gallego e os seus últimos 25 anos en La Voz de Galicia. Paralelamente, comeza no ano 2000 as súas achegas á cultura no apartado de humor, sendo xunto ao caricaturista Siro López coordinador do suplemento de humor "xatentendo.com" polo que recibiu o "Premio La Codorniz de Plata" e o "Premio de Comunicación Xunta de Galicia 2000".
Obras realizadas
É autor de obras de teatro como "Los aparcacientos de Pacópolis", xunto ao xornalismo Ramón Barrena. No ano 2008 abre o seu blog de humor costumista "Al fondo a la derecha", publicado na edición dixital de La Voz de Galicia, que na actualidade é un referente para estudantes de español na Universidade de Kentucky e o Molloy College de Nova York. En 2010 estréase como guionista coa curtametraxe "Garabolis" baixo a dirección do director Alfredo Pardo polo que é nomeado ao "Premio Audiovisual Mestre Mateo" no ano 2011 e chega á final no "Festival Internacional de Cine de Ourense".
Un dos contos da "Colección Rodribrico", concretamente "Rodribrico e a noite" está actualmente nomeado para a final do "Premio Literario Frei Martin Sarmiento”. Na actualidade colabora en "Radio Voz" cun monólogo de humor no programa “Corre Carmela que Chove", á vez que imparte conferencias e obradoiros didácticos sobre xornalismo e medios de comunicación, monólogos, cómo se escribe un conto infantil e realización de guións para teatro, radio e televisión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario