Deixounos Nelson Mandela, PREMIO NOBEL DA PAZ e expresidente de Sudáfrica, Madiba como lle chamaban os seus.
Naceu o 18 de xullo de 1918, en Umtata (Sudáfrica), sendo os seus pais Henry Mandela e Nose Keni. Estudou dereito e traballo como avogado en Johannesburgo. Uniuse ao Congreso Nacional Africano (CNA) para combater pacificamente a discriminación racial que sufrían os negros.
En 1943, fundou a Liga Xuvenil e organizou mobilizacións de protesta, que foron reprimidas a sangue e lume. En 1961 fundou Umkhonto we Sizwe ("Lanza da Nación") para a loita armada. En 1962, foi capturado e condenado a cadea perpetua na illa Robben, fronte a Cidade
do Cabo.
do Cabo.
A súa esposa Winnie Mandela e moitos seguidores esixiron a liberdade de Mandela e a abolición da segregación racial (apartheid). Moitos gobernos e personalidades do Mundo apoiárona, ata que en 1990 foi liberado polo presidente Frederik de Klerk. En 1991, derrogouse o apartheid. En 1993, Mandela e de Klerk gañaron o Premio Nobel de la Paz.
De 1994 a 1991, como presidente de Sudáfrica, Mandela tratou de reconciliar os sudafricanos e colaborou no cesamento de varias guerras africanas.
ATA SEMPRE MADIBA!!
ATA SEMPRE MADIBA!!
Deixovos aquí unha pequena presentación, con un montón de datos, de quen é Mandela:
VIDEOS:
Bulebule non quere deixar pasar a ocasión, nesta pequena homenaxe e recoñecemento a unha figura tan importante na historia contemporánea, e recomendarvos unhas lecturas moi interesantes:
É o meu desexo que a vozdo narrador de contos nunca morra en África,
que os nenos nunca perdan a capacidade de
ampliar os seus horizontes do mundo coa maxia dos relatos
Nelson Mandela.
Os regalos do Rei León, Mmadipetsane, A Princesa das Nubes ou Sakunaka, o mozo aposto son só algúns dos títulos dos contos queNelson Mandela recolle nesta magnífica antoloxía.
Con estes contos populares imaxinarémonos paisaxes exóticas, perigosas ou máxicas que percorren África de norte a sur; países como Marrocos, rexións da África Central e Oriental e pobos de Sudáfrica como os Nguni, Namaqualand ou os Xhosa.
En cada conto encontramos unha breve información sobre a súa orixe, a lingua na que se narraba, ou o griot que o relataba.
Chámome Nelson
Mandela e nacín en 1918 en Sudáfrica, o país máis meridional do continente
africano. Vin e fixen moitas cousas durante a miña longa vida, pero todo o
mundo me coñece por pasar máis de vinte e sete anos en prisión por defender a
igualdade entre negros e brancos no meu país. A esta reivindicación déuselle un
nome, a loita contra o apartheid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario