BULEBULE VIAXA POLA REDE

8/12/13

"Como escribir un conto", con Manuel Guisande





Os nenos e nenas de 4º de primaria aprendemos e desfrutamos, grazas a unha actividade organizada polo Concello, do obradoiro " COMO ESCRIBIR UN CONTO",  con Manuel Guisande,
É xa o segundo ano que nos visita Manuel, pero non deixa de encantarnos a actividade.




 Currículum
Aportou á literatura infantil de Galicia, xunto co ilustrador Xosé Tomás, un personaxe entrañable como o paxaro "Rodribico": unha colección de contos editada por "Baía Edicións" no ano 2010 co que obtivo "Premio Literario Isaac Díaz Pardo" que concede a "Asociación Galega de Editores" e que xa foi traducida ao castelán e portugués. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e conta cun curriculum xornalístico que vai desde El Correo Gallego, o semanario El Orzán, El Ideal Gallego e os seus últimos 25 anos en La Voz de Galicia. Paralelamente, comeza no ano 2000 as súas achegas á cultura no apartado de humor, sendo xunto ao caricaturista Siro López coordinador do suplemento de humor "xatentendo.com" polo que recibiu o "Premio La Codorniz de Plata" e o "Premio de Comunicación Xunta de Galicia 2000".
 Obras realizadas
É autor de obras de teatro como "Los aparcacientos de Pacópolis", xunto ao xornalismo Ramón Barrena. No ano 2008 abre o seu blog de humor costumista "Al fondo a la derecha", publicado na edición dixital de La Voz de Galicia, que na actualidade é un referente para estudantes de español na Universidade de Kentucky e o Molloy College de Nova York. En 2010 estréase como guionista coa curtametraxe "Garabolis" baixo a dirección do director Alfredo Pardo polo que é nomeado ao "Premio Audiovisual Mestre Mateo" no ano 2011 e chega á final no "Festival Internacional de Cine de Ourense".
Un dos contos da "Colección Rodribrico", concretamente "Rodribrico e a noite" está actualmente nomeado para a final do "Premio Literario Frei Martin Sarmiento”. Na actualidade colabora en "Radio Voz" cun monólogo de humor no programa “Corre Carmela que Chove", á vez que imparte conferencias e obradoiros didácticos sobre xornalismo e medios de comunicación, monólogos, cómo se escribe un conto infantil e realización de guións para teatro, radio e televisión.

BULEBULE DE CINE

Amantes da sétima arte!!: estades de noraboa. Bulebule acaba de aumentar a filmografía. 

Agárdanvos novas películas na sección de filmes. Preguntade ás bibliotecarias!!

3/12/13

DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


Hoxe 3 de decembro, commemórase o día mundial das persoas con discapacidade.
 En 1992, as Nacións Unidas, proclamaron esta data para difundir a situación que viven as persoas con discapacidade, os actos de discriminación aos que se enfrontan e  tamén para fomentar unha maior integración na sociedade dos discapacitados.



Desgraciadamente, hai moito ainda que traballar, como sociedade, no respecto aos dereitos das persoas con discapacidade. Necesitamos educar e educarnos  para darlles un trato digno, como seres humanos que son, pero sobre todo traballar na integración, na inclusión, non excluilos da nosa vida e relacións humanas.



E falando de integración, hai un conto que me gusta moitísimo que é:"POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" de Jérôme Ruillier.

Aquí volo deixo en versión video :


E aquí  vos déixo tamén esta bonita canción adicada a todos aqueles e quelas que día a día loitan pola integración. Pouco a pouco...


28/11/13

COMUNIDADE EDUCATIVA SOLIDARIA

562 kg de alimentos dan conta da solidariedade da nosa Comunidade Educativa.
Grazas alumnado, familias, profesorado...
Axudar, na medida do posible, non debe ser un acto aillado. Un pouco de cada un de nós fai un moito para quen o precisa.
Grazas, grazas, grazas!!!


O recadado será distribuído entre os que O necesiten polo BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS. BALRIAL. http://www.balrial.com/

26/11/13

NOVA LECTURA PARA A BIBLIOTECA

Bulebule conta cun libro de lectura máis na BIBLIOTECA. Dámoslle as GRAZAS  a Pablo Astray Rodríguez, de 5º A, por donalo. Grazas Pablo!!!

25/11/13

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"Salir corriendo" de AMARAL


 


 



Mulleres en Galicia
Secretaría Xeral de Igualdade.
Presidencia
Xunta de Galicia

UNIDADES DIDÁCTICAS





Casa da Muller do Concello de Lugo
Instituto Asturiano de la Mujer
Consejería de Educación y Ciencia del Principado de Asturias
Consellería de Saúde e Servizos Sanitarios do Principado de Asturias
"A Escola non é un espazo neutral. Nela transmítense valores, modelos e esteriotipos,
e convírtese nun lugarideal onde sementar a erradicación das desigualdades. De aí xorde a necesidade
deste material didáctico, que pretende ser unha ferramenta para coeducar en Educación Primaria."
-Áreas abarcadas: Coñecemento do Medio, Educación Artística, Educación Física, Lingua Castelá e Literatura
e Matemáticas. En todas elas, partindo de contidos curriculares, propóñense actividades a desenvolver na aula.
-Destinatarios: profesorado e alumando de Educación Primaria e familias.






Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG)


Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG)
"Lonxe de desaparecer, a violencia contra as mulleres en todas as súas crueis
manifestacions e en todos os lugares do mundo,parece incrementarse e fortalecerse...
Loitemos contra a violencia machista, económica e cultural que sufren as mulleres.











UNIDADES DIDÁCTICAS PARA SECUNDARIA 2011:
"Contra a violencia machista todas as mans son necesarias"

Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG)
Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG)
Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG)
Sindicato de traballadores/as do Ensino de Galicia (STEG)





MATERIAIS DIDÁCTICOS PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO,:

Consejería de Educación y Ciencia de la Junta de Andalucia

LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
UNHA LIBRERIA ESPECIALIZADA
BLOGS CON RECURSOS INTERESANTES
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.







Recompilación elaborada polo CEIP Mestres Goldar (Vigo)
DOCUMENTAIS
Juan Manuel Peña
Concejalía de mujer del Ayuntamiento de Alcalá de Henares
Moisés Romero y Marisa Crespo
CINE






VIDEOS

Biblioteca do IES Ponteceso (Ponteceso)

Vídeo de YouTube


IES Ponteceso en colaboración coa
Secretaría Xeral de Igualdadedo Concello de Ponteceso

Vídeo de YouTube


Día Internacional contra violencia de xénero 2011 from trafegandoronseis on Vimeo.

RECIBIN FLORES HOXE


MALTRATO SUTIL


CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO


MUSICA
"016" do grupo NO RELAX

" O16 " de NO RELAX


"Malo" da cantante BEBE

"Malo" de Bebe


"Ella" da cantante BEBE

Vídeo de YouTube


"Salir corriendo" de AMARAL

"Salir corriendo" de AMARAL


"Caperucita" de ISMAEL SERRANO

"Caperucita" de Ismael Serrano


"En tu ventana" do dúo ANDY Y LUCAS

"En tu ventana de ANDY Y LUCAS


"El maltrato" do cantante MANUEL ORTA

"El maltrato de MANUEL ORTAS"


"Un extraño en mi bañera" da cantante ANA BELÉN

"Un extraño en mi bañera de ANA BELÉN"


"La bella y la bestia" del cantante PORTA

"La bella y la bestia de PORTA"


"Hasta que la muerte nos separe" do cantante MANUEL ORTA

"Hasta que la muerte nos separe de MELENDI"


"María se bebe las calles" de PASIÓN VEGA

"Maria se bebe las calles" de Pasion Vega


CARTEIS
Cartel elaborado polo IES SAN PAIO (Tui)
 
NOTA: A presente páxina tan só ten fines educativos.
En todo momento inténtase citar aos autores dos recursos aquí enlazados.
Se algunha das fotografías, debuxos, melodías, vídeos ou textos que aparecen nesta páxina estivese suxeita á dereitors de autor póñanse en contacto con nós e serán retirados inmediatamente.
Grazas.

21/11/13

Premio de Literatura en Lengua Castellana Miguel de Cervantes

Elena Poniatowska, escritora mexicana nacida en París, foi galardoada co premio Cervantes 2013. É a cuarta muller que recibe o premio, o máis prestixioso das letras hispanas. Antes conseguírono as españolas María Zambrano (1988) e Ana María Matute (2010) e a cubana Dulce María Loynaz(1992).

Elena Poniatowska naceu en Francia pero ao estalar a Segunda Guerra Mundial trasladouse coa súa nai a México mentres o seu pai participaba no desembarco de Normandía. A escritora incorporouse á vida mexicana sorprendéndose «pola pobreza que en Francia non vira». Comezou a escribir para un xornal nos cincuenta e, dende entón, non deixou de escribir en dous sentidos, no literario e no xornalístico. Consolidou a súa carreira ligada a este periodismo literario con obras como La noche de Tlatelolco (1971), sobre a matanza estudantil en Cidade de México.

O premio, considerado o Nobel das letras hispanas e creado en 1975 polo Ministerio de Cultura, está dotado con 125.000 euros e recoñece a figura dun escritor que co conxunto da súa obra contribuíse a enriquecer o legado literario hispano.

Aínda que non figura nas bases do premio, habitualmente cúmprese unha lei non escrita que reparte alternativamente, cada ano, o galardón entre Latinoamérica e España. Prevíase que no 2013 debería outorgarse o Cervantes a un escritor latinoamericano. Na pasada edición recaeu no escritor español José Manuel Caballero Bonald.

FALECE DORIS LESSING: NOBEL DE LITERATURA 2007. ATA SEMPRE!

Intelectual comprometida cos problemas de seu tempo, Doris Lessing foi sempre unha escritora atrevida, que non puxo reparos á hora de expresar as súas opinións políticas e sociais. Nacida en Kermanshah, Irán, en 1919, a escritora pasou a súa nenez e adolescencia en Rodesia, lugar onde a lectura se convertería na súa mellor compañeira. 
O amor entre unha muller branca e un home negro será o tema da súa primeira obra, Canta a herba (1950), título que inaugurará unha longa traxectoria na escrita que ten en O caderno dourado unha das súas obras de referencia, a novela coa que se identificou o movemento feminista. Trátase da historia de Anna Wulf, unha autora que, no medio dunha crise persoal comeza a escribir catro cadernos biográficos de cores diferentes, o negro para a vida literaria, o vermello para a política, o amarelo para a sentimental e o azul no que deita os acontecementos cotiás. Con máis de oitocentas páxinas, O caderno dourado, publicado en 1962, pasou a ser considerado un fito literario e unha das grandes obras do século XX, que á autora lle valeu o recoñecemento internacional. No ano 2009, a obra chega ao galego en tradución de Eva Almazán para a colección Biblioteca Compostela da Editorial Galaxia, co apoio do concello da capital galega. 
Permeábel ao que acontece ao seu arredor, Lessing comprométese desde nova cos problemas da educación en Rodesia, contra o racismo imperante e contra as inxustizas que veñen das inmensas desigualdades que dividen o mundo. A súa voz maniféstase na defensa dun anticolonialismo que reclama, en especial, para África. A “responsabilidade” é, na autora, clave da escrita e da lectura e, nese sentido, a súa obra convértese en materia creada para contribuír a cambiar o mundo, para denunciar a violencia, o racismo, a discriminación ou a marxinación. Por iso África, por iso as mulleres, teñen un papel relevante na súa narrativa, unha escrita que se pon da parte das “outras” para darlles protagonismo. 
Recibiu o Nobel por  “capturar o esencial e a épica da experiencia feminina, que con escepticismo, lume e poder visionario someteu a unha civilización dividida ao escrutinio”.
A busca da liberdade, que paira en boa parte da súa obra, convértese nun trasunto da súa propia biografía, a historia daquela moza que se independiza con 15 anos e marcha con 31 para Londres co firme obxectivo de se converter en escritora. Busca en Londres unha nova vida e deixa detrás dous divorcios, con dous fillos do primeiro e un do segundo, o único que a acompañará na súa nova vida. 
Cando a Lessing lle outorgaron o Nobel en 2007 convertíase na premiada de máis idade na historia do galardón. As crónicas dixeron que non estaba nas quinielas. Ela, cando menos, mostrou a súa sorpresa e mesmo o seu desconcerto. Tentou fuxir, na medida das súas posibilidades, do ouropel do galardón aínda que, por veces, a tafera tornouse imposíbel. Houbo aplausos, tamén atrevidos cuestionamentos que viñeron, en especial, dos dous nomes máis coñecidos da crítica literaria americana e alemá, dos que crean canon. 
Na explicación da concesión, o xurado do Nobel de Literatura acuñou unha frase que tería percorrido. Dicían que Lessing era merecedora do premio por ter sabido “capturar o esencial e a épica da experiencia feminina, que con escepticismo, lume e poder visionario someteu a unha civilización dividida ao escrutinio”. Repítese agora, en moreas de obituarios, a súa maneira de apreixar a “épica da experiencia feminina”, esa capacidade que a Lessing a fixo tan querida polo feminismo, esa maneira de levar á escrita a vida das mulleres, desde un eu feminino, que fixo a súa narración especialmente próxima e querida polo feminismo. 
Instrucións para un descenso ao inferno, Memorias dunha supervivente, A boa terrorista, As aboas, Dentro de min O vento levarase as nosas palabras son algúns dos seus títulos máis recoñecidos.