BULEBULE VIAXA POLA REDE

19/3/12

Encontro con SILVESTRE GÓMEZ XURXO



Hoxe contamos coa presencia na biblioteca do autor do libro TI NON XOGAS!Estivo acompañado polo alumnado de 4º,moi interesado por saber que motivou a Silvestre na escrita desta historia.Tod@s leran durante este trimestre o libro,polo que tiñan moito intérés neste encontro.
O escritor faloulles das súas experiencias coma mestre e doutras cuestións plantexadas polos rapaces.Foi un encontro moi agradable e enriquecedor.Os alumnos ensináronlle os traballos que fixeron inspirados no libro, e a Silvestre parecéronlle moi interesantes.













18/3/12

OS LIBROS VOADORES DO SR. MORRIS

Cortametraxe galardoada polos premios Oscar de 2012
.

Alegoría conmovedora e humorística sobre os poderes curativos da ficción.
Morris Lessmore mantense ao borde entre un estilo antigo e o máis innovador da ilustración.

7/3/12

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Aquí vos deixamos unhas suxestións lectoras que acurtan a distancia no camiño por percorrer pola igualdade e superación de conviccións sexistas.


"O PAÍS DOS MANDÓNS"
Vídeo montado a partir do conto,para traballar nesta data.Grazas aos que elaboraron este traballo e o puxeron a diposición de todos nós.

27/2/12

ENCONTRO VITAL CON FINA CASALDERREY



Hoxe tivemos o honor de recibir na nosa biblioteca á escritora Fina Casalderrey, que nos engaiolou coas experiencias vividas na súa infancia ou... cecais produto da súa imaxinación, que deron pé a moitas das súas creacións literarias.
Falounos da ledicia que sentiu cando naceu a súa irmá, da súa avoa, da súa nai e de seu pai, que a deixou hai uns anos, e do importante que foi para ela. Da forza das palabras para transmitir sentimentos...
Foi para todos nós, nenos e nenas de segundo e as profesoras, unha sesión inesquecible.
Estas imaxes son unha mostra do vivido.












23/2/12

ROSALÍA DE CASTRO

No calendario do libro e da lectura, aprobado no seo do Consello Asesor do Libro, o próximo 24 de febreiro está contemplado como o DÍA DE ROSALÍA . Para coñecela un pouco mellor o blog Bibliocastelo A Pedra pon á vosa disposición este documento, onde ademáis da súa vida poderedes ler algúns dos seus poemas.
"Fráxil e profunda, sombra e luz, Rosalía de Castro transitou pola vida, con palabras, xa de revelación, xa de misterio, por camiños sempre adversos" FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO.
Grazas por compartir!






Deixámosvos este LIM, moi ben feito...Vaivos encantar...Que esperades para CLICAR?????????? XOGANDO CON ROSALÍA

15/2/12

TEMPO DE ENTROIDO

GRAZAS FAMILIAS!!!

14/2/12

EQUIPO DE BIBLIOTECA

Temos novo equipo de colaboradores...




13/2/12

FEBREIRIÑO NON ES LONGO...

RECURSOS PARA O ENTROIDO

A coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística recolle unha boa cantidade de recursos cos que podedes traballar e disfrutar...Premede na imaxe...







7/2/12

OS NOSOS CONTOS SOLIDARIOS

Autoras do conto:Eva,Andrea,Nerea P.e Antía Deive, alumnas de 4ºB.














6/2/12

ENTROIDO 2012






Carautas,doces típicos,

degustacións,disfraces,comparsas,pasarrúas,

queima do Meco....XA ESTAMOS NO ENTROIDO!!!