27/2/12
ENCONTRO VITAL CON FINA CASALDERREY
Hoxe tivemos o honor de recibir na nosa biblioteca á escritora Fina Casalderrey, que nos engaiolou coas experiencias vividas na súa infancia ou... cecais produto da súa imaxinación, que deron pé a moitas das súas creacións literarias.
Falounos da ledicia que sentiu cando naceu a súa irmá, da súa avoa, da súa nai e de seu pai, que a deixou hai uns anos, e do importante que foi para ela. Da forza das palabras para transmitir sentimentos...
Foi para todos nós, nenos e nenas de segundo e as profesoras, unha sesión inesquecible.
Estas imaxes son unha mostra do vivido.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario