BULEBULE VIAXA POLA REDE

11/3/11

CONTOQOALINGUA OBRADOIRO DE PLÁSTICA MUSICAL

Hoxe, venres día 11 os nenos e as nenas de 1º de Ed. Primaria asistimos a un obradoiro de plástica musical, grazas a Deputación da Coruña en colaboración con OQO editora.
A música, a través das cancións, aloumiña os oídos, pero tamén conta historias de países.
Os alumnos e as alumnas de 1º viaxaron ao pais das apertas, e convertéronse en principiantes de bruxos. Para que?
Pois para facer un conxuro e conseguir así a aperta máis longa da Coruña.

O pasaron xenial facendo os conxuros e elaborando a aperta!!

Xa son bruxos e bruxas de verdade!! nada de principiantes!!




CONTOQOALINGUA OBRADOIRO DE ESCRITA, PLÁSTICA E AUDIOVISUAL.

Hoxe os alumnos e as alumnas de 5º A e 5º B asistiron na Biblioteca do cole a un obradoiro de escrita, plástica e audiovisual grazas a Deputación da Coruña en colaboración con OQO editora.



Son moitas as palabras que compoñen unha lingua.
Unhas poden resultar moi agradables: agasallo, calor, papoula...
outras son capaces de facernos voar: papaventos, anduriña...
algunhas prodúcennos cóxegas: brinquedo, chuchamel...
e outras nos poden encher de preocupación: soidade, guerra...



E que podo facer eu?
proponnos xogar con todas elas, trasladando o seu uso ao mundo da escrita, do audiovisual ou da creación plástica.

E xogaron de verdade coas palabras!!

E como agasallo un libro!!
que sorte!!






10/3/11

O PIRATA METEPATA

Os nenos e as nenas de 4º estiveron aprendendo cousas sobre os piratas, pois no Entroido foron disfrazados “de piratas das Antillas”.
Logo recordáronse do famoso “PIRATA METEPATA” e decidiron facer unha presentación dixital co conto, para compartir con todos vos e seguir practicando.
As ilustracións son deles, e a narración de María e Meri. Xa son uns expertos e unhas expertas .

NORABOA!!

O PIRATA METEPATA


NORABOA A DIEGO DE 5º A E ANTÍA DE 6ºA!!


BULEBULE ESTÁ MOI CONTENTA CON ELES

POR ADIVIÑAR O GAZAPO
DO VIDEO DE ENTROIDO.

PINGÜÍNS, QUENLLAS, BAÑISTAS....
ONDE ESTABAN OS POLBOS??


PARABÉNS AOS DOUS!!
Pronto teredes o voso agasallo !!!

9/3/11

OBRADOIRO SOBRE LUIS SEOANE

O mércores día 2 de marzo os alumnos e alumnas de 5º de E.P. asistimos a un obradoiro dun grande artista galego: Seoane. Escritor, debuxante, ceramista, pintor… e avogado.

Aprendimos como aparece na súa pintura e nos seus debuxos as súas vivencias persoais, e máis concretamente como reflicte a sociedade galega da época: a emigración, o rural galego, o mar…
Descubrimos un xeito de pintar moi particular e personal, agora somos capaces de recoñecer un Seoane entre outros cadros.






4/3/11

ENTROIDO 2011

Este ano o noso Entroido
está dedicado ao mar,
porque é moi importante
é querémolo coidar.




2/3/11

BULEBULE BUSCA...!!

CONCURSO DE CONTOS DE AVENTURAS DE MAR

BULEBULE está moi contenta. Sabedes por que?
Pois, porque temos grandes escritores e grandes escritoras no COLE.
E vaino ter moi difícil para seleccionar os contos de aventuras de MAR gañadores.
Mentres o decide, déixanos algúns dos contos que lle chegaron.


NORABOA A TODOS E A TODAS E GRAZAS POR PARTICIPAR!!


Claudia 1º A: "PIPO"

Diego F. 2º A: "Historias no mar"


Sergio Aller. 4º A: "O mar"

Jaime 5º A: "Lucas e o dragón mariño"

Pablo Gestal 2º B: "El pirata Barba Negra"


Brais 3º A : " A illa do terror"



Rubén Villamor 5º B: " A aventura baixo o mar"

1/3/11

O PESCADOR E A SÚA MULLER

O pescador e a súa muller lembraban a xenerosidade do peixiño cantando sempre unha canción...ti podes aprendela ...descúbrea,practica a súa melodía , ven á biblioteca e cántalla a Bulebule .

Recibiras un bonito agasallo!!


27/2/11

CONCURSO BULEBULE BUSCA!!

Non!! Este conto non pode entrar no concurso. Por que preguntarédesvos?

Pois veredes, o conto de “Xoán Pedro” chegou as mans de BULEBULE, si, pero non é de ningún neno e tampouco de ningunha nena do cole.

De quen entón? Pois é do profe Xosé García titor de 6º A, por iso mesmo non pode entrar no concurso de aventuras de mar!!!
Pero gustoulle tanto a BULEBULE ,que decidiu publicalo .

CONTO DE MAR DE XOSÉ GARCÍA : "XOÁN PEDRO"







GRAZAS Xosé!! Esperamos máis contos teus !!

26/2/11

CONCURSO BULEBULE BUSCA!!

MÁIS CONTOS PARA O CONCURSO DE AVENTURAS DE MAR...

ANTÍA LAVANDEIRA 3º B : "OS PIRATAS NO MAR"


OS PIRATAS NO MAR ANT�A LAVANDEIRA



ANTÍA DEIVE 3º B: "O PIRATA MALVADO"

O PIRATA MALVADO ANT�A DEIVE

24/2/11

CONCURSO BULEBULE BUSCA!!

Os nenos e as nenas de 4 anos da profe Pilar fixeron este libriño do PIRATA METEPATA para presentar no concurso.
Podemos dicir que BULEBULE púxose moi contenta!!





Outro conto para o concurso e o de: Iago Sixto de 4º B.

"O PIRATA BARBA BRANCA"


23/2/11

ENTROIDO PIRATA

No video QUE ENTROIDO TAN PIRATA!! hai un gazapo ou dous.

Si descubres os erros cóntallos a BULEBULE na BIBLIO, poñerase moi contenta e seguro que algún agasallo terá para ti.


22/2/11

CONCURSO BULEBULE BUSCA!

AVENTURAS DOS SEGREDOS QUE ESCONDE O MAR...


QUE FERMOSAS AVENTURAS COMEZAN A CHEGAR A BIBLIO...


5 ANOS B:" PIRATAS, CORSARIOS E BUCANEROS"