Este ano conmemoramos o día de Rosalía dende a biblioteca. Fixemos o visionao dun vídeo que gravamos entre todo o colexio, cada aula recitou unha estrofa do poema "Adiós ríos, adiós fontes" e ao final obtivemos o poema completo.
Ademais, os mestres fixeron un recitado do poema "Airiños, airiños aires" para o alumnado e vimos varios vídoclips onde se acompañaba de distinta música aos poemas de Rosalía.
En definitiva, escoitamos o seu legado dende as súas creacións, en forma de recitado e de canción.
Dende a biblioteca tamén se fixo unha escolla dos libros que temos sobre a autora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario