BULEBULE VIAXA POLA REDE

24/3/20

21 de marzo, Día da poesía

O 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da poesía, este ano esta situación tan especial que estamos vivindo fixo que a actividade que estaba programada para levar a cabo no centro non se puidese facer. Por iso, vos propoñemos outra diferente na que sí podemos participar todos dende as nosas casas.

Creamos un espacio web: Coapoesiaenredoeu onde queremos posibilitar que os nenos que queiran poidan participar no concurso "Un poema na túa voz" que a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca coa ocasión do Día Internacional do Libro Infantil.



A idea é que cada neno escolla un poema escrito en galego, procurando non repetirse, e prepare o seu recitado.

O máis importante e gravar o audio do recitado en formato .mp3.

Este audio enviarase ao correo bulebule@ceipidp.net xunto cun documento que recolla:

- Autor/a do poema
- Texto do poema
- Nome de quen o recita
- Unha imaxe para ilustar o poema, pode ser un debuxo feito polo alumno, unha foto... pero que teña boa calidade.

A maiores, quen queira participar no concurso de GÁLIX ten que enviar nese correo a autorización que está neste enlace.

Os audios recibidos colgaránse no blog, aquí vos deixamos algún exemplo, que fixeron os mestres o
poema de Xoanca e o poema de Patricia.

Animádevos a participar e encher a rede coas vosas voces, deste xeito poderémonos escoitar na distancia!

No hay comentarios: