O 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas. Esta Declaración, establece en dez principios cuidadosamente redactados, os dereitos dos nenos e nenas para que disfruten de protección especial e dispoñan de opotunidades e servicios que lles permitan desenvolverse felizmente en forma sa e normal, en condicións de liberdade e dignidade; para que teñan un nome e unha nacionalidade desde o seu nacemento; para que gocen dos beneficios da seguridade social e reciban tratamento, educación e coidados especiais se teñen algún padecemento; para crecer nun ambiente de afecto e seguridade; para que reciban educación e figuren entre os primeiros que reciban protección e socorro en casos de desastre; para que se lles protexa contra calquer forma de discriminación, á par de que sexan educados nun espíritu de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, pola paz e a fraternidade universal.
Esta Declaración, ademais de proclamar os dereitos das nenas e dos nenos, insta aos pais, aos adultos, ás organizacións e ás autoridades, a que recoñezan istos dereitos e loiten pola súa observancia.
Na páxina de Unicef (http://www.ajugarconunicef.org/#centro) podemos atopar máis información sobre os Dereitos dos nenos e das nenas e a Convención, xogos e tamén videos.
Na páxina de Unicef (http://www.ajugarconunicef.org/#centro) podemos atopar máis información sobre os Dereitos dos nenos e das nenas e a Convención, xogos e tamén videos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario