O
24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos
comezara a celebrarse grazas ao empeño da Asociación Española de Amigos
del Libro Infantil y Juvenil, no 1997. Amparado agora polo
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, o DÍA DA BIBLIOTECA celébrase en todo o
estado e serve para dar visibilidade a todas e cada unha das bibliotecas que
abren as súas portas día a día para acoller ás persoas en procura de lectura e
de coñecemento, pero
tamén de espazos "amigables" nos que compartir experiencia lectora,
pensar e traballar xunto con outros en proxectos diversos.
Porque iso son as
actuais bibliotecas, eses "terceiros
lugares" capaces
de acollernos e axudarnos a desenvolver proxectos persoais de moi distinto
tipo.
As
bibliotecas escolares celebran todos os días a súa existencia, froito dos
esforzos das comunidades educativas que as poñen en pé, pero tamén arredor
desta data, e durante todo o mes de outubro, sucédense actividades ao longo das
bibliotecas dos nosos centros, dedicadas a dar a coñecer as súas posibilidades,
ensinar ao alumnado a usar os seus recursos e animar a grandes e pequenos a que
aproveiten as súas oportunidades: libros, materiais audiovisuais, recursos
electrónicos, equipamentos, espazos atractivo, actividades tentadoras
(recitais, presentacións, lecturas compartidas, acompañamentos lectores, hora
do conto, "olimpiadas do saber", exposicións e presentacións de
traballos, formación de usuarios e usarias, "aprender a investigar",
mochilas viaxeiras, clubs de lectura... ). As bibliotecas
como base de exploración persoal
e colectiva, como inicio de viaxes reais ou imaxinarias, como espazo de
encontro consigo mesmo e cos outros.
BULEBULE
ABRE AS PORTAS DA BIBLIOTECA DO NOSO COLE E AS PORTAS A UN MUNDO POR DESCUBRIR…
ENTRADE !!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario