As olimpíadas están inspiradas nas
festas que durante séculos se realizaron
en honra ao deus Zeus na cidade de Olimpia, concretamente entre o ano 776 a.C.
e o 392 d.C.
Neles participaban atletas de toda Grecia que durante anos estiveran
preparándose a conciencia para este evento. Os xogos tiñan un regulamento moi
estrito e os participantes debían cumprir varios requisitos: nacer en Grecia,
non ser escravos, non ser delincuentes, xurar o regulamento, aceptar o
veredicto dos árbitros e outras normas que había que respectar.
Unha das máis curiosas, era que só podían competir homes, e debían competir
espidos. As mulleres non podían participar nin acudir como espectadoras.
O tempo de celebración dos Xogos estaba considerado un momento de gozar e
de paz, así que estaba prohibido ir á
guerra ou fabricar armas mentres durasen.
Os Xogos inaugurábanse e clausuraban con cerimonias e festexos que incluían
desfiles, ofrendas aos deuses, sacrificios e banquetes para miles de persoas.
Eran varias as competicións que se realizaban, como as carreiras, o lanzamento
de disco e xavelina, as carreiras de cabalos, saltos de lonxitude, competicións
de danza. Os gañadores eran aclamados pola multitude e a partir de entón
considerados auténticos heroes. Alá onde ían recibíaselles con honras e como
premio, pagábaselles unha especie de soldo para toda a vida.
Os Xogos Olímpicos celebráronse ata que os romanos conquistaron Grecia e o
emperador Teodosio I decidiu prohibilos no ano 393 d.C.
Non volveron organizarse ata finais
do século XIX, en que un historiador francés, o Barón de Coubertin, tivo a idea
de restablecelos. Varios países decidíronse a participar e creouse o Comité
Olímpico Internacional, organismo que segue vixente hoxe en día.
Estas primeiras Olimpíadas da era moderna celebráronse en Atenas, en 1896,
e as seguintes cada catro anos nunha cidade distinta do mundo ata a
actualidade.
Só foron suspendidos durante a I e II Guerra Mundial.
En España, celebráronse nunha única ocasión,
en Barcelona no ano 1992. Dende hai varios anos, Madrid presenta unha
candidatura para seren Sede Olímpica.
O noso centro, grazas a Bulebule, proclamouse sede honorífica olímpica para este curso.
Animádevos e conseguiredes subir ao podio!
No hay comentarios:
Publicar un comentario