LEMBRAMOS
A DÍAZ PARDO
O pasado sábado 5
de xaneiro cumpriuse un ano do pasamento do intelectual galeguista, que da nome ao noso colexio, Isaac Díaz
Pardo (Compostela, 1920-A Coruña, 2012). Para conmemorar ese primeiro cabodano
algúns dos seus amigos e achegados reuníronse o sábado, ás doce e media, no
cemiterio compostelán de Boisaca para renderlle unha homenaxe. A súa foi unha
das voces que se escoitou ese mediodía en Santiago para lembrar a unha das
figuras más sobresaíntes da cultura galega do século XX.
O tributo levou o título dun poema de Lorenzo
Varela: Unha cesta de pombas e
mazás, que foi recitado por Xosé Ramón Fandiño, que foi un dos
colaboradores de Díaz Pardo. Tamén participaron na homenaxe, entre outros,
Fernando Salgado, Luz Pozo e Claudio Rodríguez Fer.
Bulebule e a
comunidade educativa do CEIP Isaac Díaz Pardo súmanse a esta lembranza.
Aquí vos deixamos
o poema de Lorenzo Varela “Unha cesta de pombas e mazás”.
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!
Facíamos un feixe de campos e de estrelas,
e ó pisar ise chao que latexaba
sentíamos subir pola sangue o misterio.
O noso corpo era o camiño da maxia,
a escada pola que viña a lúa,
o zume de todol-os segredos,
a canzón da herba que resucitóu.
E o mismo verme era unha folla leda,
un mensaxeiro do sagrado alén.
Morréchedes, matáronvos, deixáronme.
Quedei aquí, lonxe das vosa sombras.
E gardo, coma un morto,
no centro do silenzo, da sede, da agonía,
o día que vos poda levar á sepultura
unha cesta de pombas e mazás.
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!.
de todos nós co mundo!
Facíamos un feixe de campos e de estrelas,
e ó pisar ise chao que latexaba
sentíamos subir pola sangue o misterio.
O noso corpo era o camiño da maxia,
a escada pola que viña a lúa,
o zume de todol-os segredos,
a canzón da herba que resucitóu.
E o mismo verme era unha folla leda,
un mensaxeiro do sagrado alén.
Morréchedes, matáronvos, deixáronme.
Quedei aquí, lonxe das vosa sombras.
E gardo, coma un morto,
no centro do silenzo, da sede, da agonía,
o día que vos poda levar á sepultura
unha cesta de pombas e mazás.
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario