23/4/12
DÍA DO LIBRO
A UNESCO recoñece o 23 de Abril coma o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.
A elección deste e non doutro día débese ,á coincidencia,en datas,da morte de Miguel de Cervantes,Garcilaso de la Vega e Willian Shakespeare no ano 1616.
Esta data tivo e está a ter moita repercusión nos nosos días,sendo o máximo esponente a DIADA DE SAN JORDI,celebrada en Cataluña,onde homes e mulleres se intercambian unha rosa por un libro e viceversa.
Si,si,hoxe o libro está de festa.A mellor maneira de celebrala é coa lectura e tamén coa escoita dalgunha historia.Clica na imaxe e mérgullate nesta narración do libro LOLO ANDA EN BICICLETA.Recoñeces as voces?Tamén fixeron os debuxos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Noraboa!!a tod@s e por supostosto tamén a profe. FELIZ DÍA DO LIBRO
Publicar un comentario