Tratábase de escoller un libro, escrito na nosa lingua, que cada centro salvaría da destrución, tentando emular a obra de Ray Bradbury, Farhrenheit 451.
Con esta actividade preténdese difundir a idea de que é imposible destruir os libros e os valores que neles se transmiten se somos que de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Secundaria.
Grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, arquitecto e debuxante, que fixo para nós o deseño dos fermosos carteis, e a Mª Dolores e a Sabela que foron as encargadas de coordinar a parte conxunta da actividade.
Traballar xuntos multiplica resultados e é moi enriquecedor!!
Nos vindeiros días publicaremos o caderno de todos os salvados no Isaac Díaz Pardo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario