BULEBULE VIAXA POLA REDE

17/1/11

LEMBRANZAS DUN POBO MARIÑEIRO.

Esther, a nai de Sandra de 3º A estivo na nosa BIBLIOTECA , para contarlles aos nenos e as nenas de 3º e 4º algúns dos seus recordos de nena.
Recordos deses marabillosos anos onde viviu nun pobo chamado ORTIGUERA, situado no occidente de Asturias.
Fixo unha presentación do pobo, do porto, de por qué chegou alí, falounos do mar, dos golfinos, do nordés e do salitre, das peixeiras, dos utensilios das peixeiras, dos faros...E MOITO MÁIS .

Deixámosvos a presentación que Esther preparou para os nosos alumnos e alumnas.

Ortiguera









E imaxes da charla tan marabillosa. Fixádevos nas súas caras, e na cara de Sandra!! .. de felicidade.




FOI UN DÍA PARA REPETIR!!

GRAZAS POR TODO ESTHER!!

1 comentario:

Esther Díaz dijo...

Foi unha experiencia moi gratificante.
Grazas ás alumnas e alumnos pola calurosa acollida e polos abundantes aplausos.
Grazas ás profesoras e profesores polo voso apoio e polos agradecementos finais.
GRAZAS.