BULEBULE VIAXA POLA REDE

25/2/10

ENCONTRO CON JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Os alumnos e alumnas de 2 º, 3 º e 4 º estivemos hoxe na Biblioteca do cole co escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano. Foi un encontro marabilloso.
Primeiro estivo cos nenos e as nenas de 3 º e 4 º e MIL COUSAS PASARON na biblioteca. Falamos do seu libro "Mil cousas poden pasar" (Premio Merlín de Literatura Infantil 2009) de escribir,de debuxar, de enterradores, de fillos de enterradores, de soldados zoos, de ideas ... Houbo tempo para as preguntas e como non asinou os libros e mesmo nos fixo algún debuxo neles .
Tamén pasaron as formigas en versión musical (grazas a Raquel, Violeta, Nuria e Sandra)alumnas de 2 º. Houbo tamén declamación multitudinaria con acompañamento coreográfico dos tristes versos que cantaba a princesiña pechada na pedra, do libro "A pedra e as formigas",da Ed. Xerais.
Grazas por todo Jacobo!!



Preparamos a sua visita

1 comentario:

Esther Díaz López. dijo...

Paréceme estupendo que os nenos teñan este tipo de encontros cos autores. Penso que é unha boa forma de achegalos ao mundo da lectura.Un agradecemento para os que organizaron o evento.